O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, acompañado pola secreteria territorial de la delegación de la Xunta en Vigo, Ana Ruiz, e o rexedor de Nigrán, Juan González, despediron esta mañá aos participantes do obradoiro “Crea e Coida Miñor II”, tras nove meses de formación e prácticas nos tres concellos da comarca do Val Miñor.
O rexedor gondomareño agradeceu unha vez máis a colaboración do goberno galego nunha materia tan sensible como é a política de emprego e subliñou que “é preciso que as administracións xuntemos forzas e traballemos en obxectivos comúns para todos, como é a creación de empleo, favorecer a inserción laboral dos nosos veciños en paro”.
Destacou o bo resultado destes talleres duais que facilitan durante o tempo da formación un contrato laboral aos participantes, e que “unha vez máis queda plasmado con feitos, con contratos asinados polos alumnos ou alumnas do obradoiro que lles permite acceder ao rematar ao mercado laboral”.
Pola súa banda a secretaria territorial, Ana Ruiz, agradeceu a labor do equipo docente e a implicación dos concellos en levar adiante estes obradoiros. Aos e ás participantes “agradezco o esforzo realizado e o interese por dotarse das ferramentas precisas para desenvolver un bo traballo, que en moitos casos xa o tedes, e noutros chegará”.
“Crea e coida Miñor II”, financiado pola Xunta con 350.000 euros e unha achega de algo máis de 3.000 euros por Baiona, Gondomar e Nigrán, respectivamente. Os dous obradoiros, desenvoltos en Gondomar, cun máximo de 10 alumnos/as en cada un, facilitaron aos participantes un contrato de traballo non concello co salario mínimo interprofesional durante os 9 meses de duración da formación, eminentemente práctica en ambas as dúas especialidades ofertadas.