Venres, 2 Maio de 2025

A Deputación financia catro novos investimentos para Gondomar

A Deputación de Pontevedra aprobou, mediante resolucións presidenciais, catro novos investimentos para o concello de Gondomar ao abeiro da Liña 1 do Plan Concellos 2019 por un total de 169.783,73 euros.

Máis polo miúdo, destinaranse 30.375,30 euros ao acondicionamento do camiño Barrio Cristillón (Mañufe); 41.428,69 euros para financiar o proxecto de acondicionamento do camiño barrio Brandulfe (Vincios); outros 48.351,89 euros para as obras de pavimentación do camiño público dende estrada Levadas a Cruz (Mañufe); e , por último, 49.627,85 euros para financiar o proxecto de acondicionamento da pista deportiva exterior na Avenida do Campo da Feira.