A Casa da Navegación de Baiona organiza unha xornada para divulgar o estado actual da Cultura Castrexa no Val Miñor.
Unha oportunidade para coñecer o que hai e como está, da man dos especialistas.
A asistencia é de balde ata completar aforo, polo que é necesario inscribirse a través do 986 356688 ou do correo electrónico: museo.navegacion@baiona.gal.
Sabes que en Baiona hai 5 castros?
Se queres saber máis destes primeiros poboados prehistóricos, temos unha cita o próximo sábado 15 a partir das 10:00 da mañá. Poderás pedir información aos especialistas que se van reunir no auditorio da Casa da Navegación.
Xornada sobre a Cultura Castrexa
A CULTURA CASTREXA NO VAL MIÑOR: ESTADO DA CUESTIÓN | ||
10:00 | Rosa Villar Quinteiro | Os Castros do Val Miñor. Estado da cuestión. |
10:45 | Darío Peña Pascual | Escavacións no Castro de Chandebrito. Nigrán |
11:45 | Rosa Villar, Nicolás Villacieros Robineau | O Castro de Panxón |
12:45 | Pausa cafe | |
EXPERIENCIAS DE POSTA EN VALOR DUN CASTRO | ||
13:00 | Rafael Rodríguez | O Castro de Santa Trega, A Guarda. |
Reseñas dos poñentes
Rosa Villar Quinteiro: directora da Casa da Navegación. Doutora en Arqueoloxía.
Darío Peña Pascual: árbore Arqueoloxía. Arqueólogo.
Nicolás Villacieros Robineau: instituto de Investigacións Mariñas do CSIC en Vigo. Investigador da ondada e as correntes costeiras e seus efectos físicos, biolóxicos e xeoquímicos.
Rafael Rodríguez: deputación de Pontevedra. Arqueólogo.