A Concellería de Deportes do Concello de Baiona informa de que ata este mércores, 29 de novembro, poderán formalizarse as inscricións para participar na XXIV Cros Escolar do Val Miñor, que se celebrará este domingo, 3 de decembro, na contorna do antigo campo de fútbol de Santa Marta en Sabarís. Aínda están a tempo para realizar a mesma no Pavillón de Deportes Municipal, chamando ao teléfono 986356558 ou no email: deportes@baiona.gal.
Trátase dunha proba solidaria, pois se realizará unha recollida de alimentos non perecedoiros destinados á ONG de Baiona “Axuda ao Mundo Necesitado”.
Esta proba acollerá as categorías cadete masculino/feminino (nados nos anos 2009-10), que sairán ás 10:45 e 11:00 horas, correlativamente. Os atletas masculino/feminino (2011/12) correrán ás 11:15 e 11:25 horas. A do alevín masculino/feminino (2013/14) comezarán ás 11:35 e 11:45 horas. Os participantes benjamín masculino/feminino (2015/16) iniciarán a proba ás 12:10 e 12:20 horas. Por último, os atletas de Cros máis pequenos serán os chupetes masculino/feminino (nados 2019/20) que comezarán a correr ás 12:30 e 12:40 horas.