6.4 C
Pontevedra
Martes, 5 de Decembro de 2023
Máis
    HomeVal MiñorBaionaO Samaín chega á vila de Baiona

    O Samaín chega á vila de Baiona

    O Concello de Baiona engalánase para celebrar o Samaín. A carpa instalada na praza do concello estará decorada para esta ocasión coa temática destas datas ampliándose na dependencias do concello onde se poderá gozar dunha gran exposición de cabazas traídas desde os distintos colexios municipais  e dunha tarde de actividades enfocadas nos máis pequenos.

    Estarán dispoñibles photocalls terroríficos, elabarados por concelleiros das distintas áreas e voluntarios; creados a partir da reutilización e reciclaxe de materiais. Ademais, o vindeiro martes 31 de outubro, leste mesmo espazo acollerá diversos xogos e pintacaras de medo.

    As actividades comezarán ás 17:00h e non será necesario inscribirse previamente.

    O Concello de Baiona, a través das Concellerías de Festexos e Mocidade, ofrecerá todas estas actividades de forma gratuíta. Non faltarán disfraces, sorpresas e moita diversión para toda a familia. Todo iso ambientado coa animación de DJ Vincent.

    Distintos establecementos da Zona vella colaborarán ofrecendo caramelos para o tradicional roteiro de “truco ou trato” entre os máis pequenos do municipio.

    O Concello de Baiona a través das concellerías quere dar as grazas aos establecementos participantes por implicarse na celebración desta festividade.

    LIBROS

    Amador Castro Moure, «Pronto hei de volver»

    A emigración, como non podía ser doutra maneira, é un deses temas aos que a literatura galega volve unha e outra vez. Dende distintas perspectivas e con diferentes enfoques e intencións, forma parte troncal do noso sistema literario dende o momento en que comezou a tomar forma.

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.