18.9 C
Pontevedra
Xoves, 21 de Setembro de 2023
Máis
    HomeO CondadoSalvaterra de MiñoO Concello de Salvaterra e a ANPA Chan da Ponte organizan un...

    O Concello de Salvaterra e a ANPA Chan da Ponte organizan un obradoiro de intelixencia emocional

    O Concello de Salvaterra de Miño, en colaboración coa ANPA Chan da Ponte do IES Salvaterra de Miño, lanzan un obradoiro dirixido a mozos de idades comprendidas entre os 15 e 21 anos baixo o título “Toma de decisións e intelixencia emocional”.

    A través deste módulo práctico e dinámico búscase que os participantes aprendan a tomar decisións e a identificar emocións de xeito que adquiran as ferramentas necesarias para a xestión emocional que precisan no día a día.

    O obradoiro, que é gratuíto, ten prazas limitadas polo tanto respectarase a orde de inscrición segundo recepción e impartirase na Casa do Conde en dúassesións no día 7 de setembro en horario de 9:15 a 14:00 h. Os interesados e interesadas en participar deberán inscribirse antes do 28 de agosto a través do correo electrónico comunicacion@concellodesalvaterra.org indicando o seu nome, apelidos e teléfono.

    COLABORACIÓNS

    Alberto Mancebo, «O que me quedaba por dicirche»

    Poderiamos afirmar que nos últimos meses algo se está a mover na literatura galega pola aparición de novos autores que nos sorprenden gratamente pola frescura das súas propostas.

    Antón Riveiro Coello, «Hotel Carioca»

    Antón Riveiro Coello volve a demostrar a súa rara habilidade para a construción de historias nas que xoga a mantenta coas personaxes e mais co lector.

    Branca Novoneyra, «As cunchas baleiras»

    Logo dunha longa década de escrita íntima e de reflexión, Branca Novoneyra decide facer público un novo poemario de clara vocación estética e simbólica como é «As cunchas baleiras», que ela mesma concibe como unha «antoloxía» dos versos que saíron da súa pluma ao longo de todo este tempo.

    Fabio Rivas, «A pintura debida»

    Ás veces atopamos sorpresas inesperadas que nos fan sorrir e confiar na saúde da nosa literatura.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    89 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS