A concellería de Mobilidade e Tráfico informa que o vindeiro martes darán comezo os traballos de pintado e sinalización de diferentes rúas na zona leste da vila. As actuacións forman parte do plan de reordenación dos espazos peonís e do tráfico nas rúas Carballos, Castañal, Paseo Matutino, Orotava e Pedra Pequena.
