8.3 C
Pontevedra
Xoves, 28 de Marzo de 2024
Máis

    Tag: árbores

    O Porriño planta 100 novas árbores no centro urbano

    A Concellería de Parques, Xardíns e Limpeza, que dirixe José Carlos González, comezou xa os traballos de replantación do arboredo do casco urbano e Torneiros.

    As Neves inicia un tratamento para recuperar os tileiros da Praza Maior

    Especialistas consultados polo Concello das Neves veñen de facer distintas análise aos tileiros da Praza Maior, plantados hai 60 anos, e confirmaron que os mesmos están afectados por 'Diplodia seriata', un fungo da madeira presente no chan que, cando as árbores están máis débiles, convértese e patóxeno.

    Un informe técnico aconsella a corta de tres árbores do Xardín da Xiralda para evitar riscos para a veciñanza

    O Concello de Ponteareas comezará este xoves 31 a corta de tres árbores situadas no Xardín da Xiralda tras un informe técnico da Estación Fitopatolóxica de Areeiro que recomenda a súa retirada polo alto risco de caída.

    Unha praga de fungos ataca as árbores de O Porriño

    Onte pola mañá caeu outra árbore no concello do Porriño, esta vez ocorreu no Parque do Cristo, preto do palco da música, sen causar danos persoais nin materiais, segundo informou a Policía Local.

    Mondariz estuda medidas urxentes para sanear as árbores da praza maior

    Á vista do estado de conservación das árbores da Praza de España, o Goberno municipal de Mondariz está valorando un plan de acción para substituír ou eliminar as máis danadas e garantir a seguridade deste espazo público de gran actividade social.

    O Ciclo ‘Sostendo o Futuro’ continúa na Guarda cun ‘Roteiro Medioambiental’

    O Concello da Guarda continúa co ciclo 'Sostendo o Futuro', actividades coa finalidade de tomar conciencia en torno aos valores de sostebilidade e coidado da nosa contorna. Para este fin escolléronse actividades de diferente natureza que nos axuden a preguntarnos, dende diferentes posicións, sobre o noso día a día e a consecuencia de accións cotiás e insignificantes aparentemente.

    Nigrán incorporará as súas dúas primeiras especies ao catálogo de ‘Árbores senlleiras de Galicia’ para outorgarlles máxima protección

    O Concello de Nigrán presentará as súas dúas primeiras especies para que se incorporen ao catálogo de 'Árbores senlleiras de Galicia' creado pola Xunta no 2007 co obxectivo de outorgarlles a máxima protección.

    O BNG forza a celebración dun pleno extraordinario para abordar a rexeneración do paseo de Troncoso

    O BNG forzou a celebración dun Pleno Extraordinario en Mondariz Balneario, co obxectivo de analizar a situación do paseo de Troncoso e consensuar o modo de abordar a súa rexeneración.

    Baiona énchese de cor

    A rúa Elduayen de Baiona énchese de cor e de verde coas plantas e as árbores que o Concello, a través da Concellería de Medio Ambiente, plantou nunha das principais rúas da localidade.

    O Concello de Baiona inicia a poda de árbores

    O Concello de Baiona comezou as labores de poda das árbores que se atopan repartidas nos cinco núcleos de poboación do municipio. A Concellería de Medio Ambiente iniciou a tempada de poda co obxectivo de previr que coa caída da folla atásquense os sumidoiros da rede de augas pluviais.

    A humanización da rúa Redondela inclúe 38 árbores de grande porte para a súa mellora ambiental, sombreado e ornamentación

    A rúa Redondela contará con 38 árbores de grande porte e folla caduca que mellorarán ambientalmente e sombrearán os case 300 metros deste vial. Así se contempla no proxecto de humanización cuxas obras comezaron recentemente. Até agora a rúa dispuña nunha marxe de 6 aligustres de pequeno porte e noutra de 9 falsas acacias, situadas a maioría en beirarrúas estreitas, atrancando o paso peonil, e colocados debaixo dos aleiros ou dos balcóns das vivendas de maneira que non podían desenvolverse nin ofrecer sombra.

    Concello e escolares de Nigrán plantan 30 abetos no recen creado «Bosque de Nadal»

    O Concello de Nigrán realizou este mediodía no parque público de Poutón (Vilariño) a plantación de 30 abetos reunidos na primeira campaña municipal de recollida de árbores de Nadal co obxectivo de promover a sostibilidade e a concienciación ambiental entre a veciñanza. Cen escolares de tódolos colexios de primaria...

    El ciprés. Un clásico

    Cultivado desde la antigüedad, no solo por el valor comercial de su madera, también lo era por su valor simbólico y desde entonces asociado al culto a los muertos siendo generalmente uno de los habitantes habituales de los cementerios, razón por la que mucha gente se niega de plano a plantarlos en su propio jardín,

    O Porriño tala outras catro árbores do Parque do Cristo

    Persoal e maquinaria da concesionaria 'Ascan' co apoio de funcionarios e técnicos do Concello do Porriño realizaban hoxe a tala de outras catro árbores do Parque do Cristo que presentaban risco de derrubarse. Os traballos permitiron retirar un plataneiro situado dentro do recinto de xogos, e tres tilos. Dos...

    O Porriño tala, de urxencia, dúas árbores do Parque do Cristo

    Os concelleiros do equipo de goberno, Sergio Casal e David Alonso supervisaron hoxe a tala de dúas árbores do Parque do Cristo que presentaban un risco moi importante.

    O alumnado de Ponteareas reforestará o monte con 500 árbores

    Con motivo do día da árbore a Concellería de Ensino do Concello de Ponteareas, que dirixe Cristina Fernández, e a Concellería de Medio Ambiente, xestionada polo alcalde Xosé Represas, traballarán con todos os centros educativos de Ponteareas para render homenaxe á natureza e ás nosas árbores autóctonas. Por cuarto ano...

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.