11.8 C
Pontevedra
Venres, 8 de Decembro de 2023
Máis
    HomeO CondadoPonteareasA ludoteca abríu xa as súas portas para traballar con grupos reducidos

    A ludoteca abríu xa as súas portas para traballar con grupos reducidos

    A ludoteca municipal de Ponteareas, “Ludotea” é un espazo lúdico-educativo, ubicado na rúa Castelao, nº 23, desta localidade, e comezou a súa andaina en febreiro de 1998. Desde entón, son moitos os nenos e nenas que teñen acudido para gozar das súas  múltiples actividades.

    As súas portas están novamente abertas para todos os cativos/as de 6 a 12 anos  que queiran acudir, sempre en grupos pequenos e cumprindo con todos os protocolos de actuación necesarios fronte á Covid-19.

    Para inscribirse, poden acudir directamente á propia ludoteca, achegar un email a ludoteca@ponteareas.es, ou ben chamar por teléfono ou mediante whatsApp ao número: 673 79 47 60.

    A ludoteca, dependente da Concellería de Benestar Social que dirixe Verónica Carrera, adianta que a súa actividades comezou xa na derradeira semana de setembro e que o prazo de inscrición permanecerá aberto todo o ano.

    LIBROS

    Amador Castro Moure, «Pronto hei de volver»

    A emigración, como non podía ser doutra maneira, é un deses temas aos que a literatura galega volve unha e outra vez. Dende distintas perspectivas e con diferentes enfoques e intencións, forma parte troncal do noso sistema literario dende o momento en que comezou a tomar forma.

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.