8.6 C
Pontevedra
Sábado, 27 de Abril de 2024
Máis
    HomeLouriñaO PorriñoO Porriño súmase á campaña "Acende o Xacobeo"

    O Porriño súmase á campaña “Acende o Xacobeo”

    A Casa do Concello do Porriño xa loce a frecha amarela e o logotipo do Xacobeo 2021-2022, como corresponde a un municipio referente do Camiño Portugués a Compostela.

    O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, xunto co alcalde porriñés, Alejandro Lorenzo, participaron no acto de aceso da iluminación artística que se proxecta contra a fachada lateral do edificio obra do arquitecto Antonio Palacios. Ao acto tamén asistiron Marta Fernández-Tapias, delegada da Xunta en Vigo, e concelleiros do equipo de goberno municipal.

    O vicepresidente da Xunta manifestou que “a Casa Consistorial do Porriño é un emblemático edificio de Antonio Palacios que merecía ser iluminado, xunto cos outros 50 edificios polos que pasa o Camiño igual que outros 50 en todo o mundo”. Rueda que ten entre as súas responsabilidades a carteira de Turismo, subliñou a importancia do Camiño Portugués “que aglutina case o 30% dos peregrinos que chegan a Santiago”. E lembrou que “neste Xacobeo, en tan só seis meses pasaron polo Porriño arredor de 40.000 peregrinos”.

    Pola súa banda Alejandro Lorenzo salientou que “este é un dos primeiros actos que teño como alcalde deste Concello e para min é unha honra poder facelo. Hoxe para min é un día de inicios. Co acendido do Xacobeo non só iluminamos o Camiño de Santiago no Porriño, tamén o camiño que comezo ao fronte deste Concello e xunto con todos vós”

    O rexedor municipal expresou que “O Porriño é un pobo con moito potencial e o Camiño de Santiago e un gran altofalante de todo o que podemos ofrecer.  Ao iluminar a fachada da nosa Casa Consistorial como enclave destacado do Camiño, iluminamos tamén O Porriño cara o resto do mundo”, rematou Alejandro Lorenzo.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.