10.2 C
Pontevedra
Xoves, 2 de Maio de 2024
Máis
    HomeLouriñaMosO VIII Programa Integrado de Emprego de Mos celebra a Mesa Sectorial...

    O VIII Programa Integrado de Emprego de Mos celebra a Mesa Sectorial Kit ao Emprego

    A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, participou en Mos na Mesa Sectorial Kit ao Emprego, -enmarcada no VIII Programa Integrado de Emprego que a Xunta subvenciona na localidade mosense-, acompañada pola alcaldesa, Nidia Arévalo, e a concelleira de Formación e Emprego, Julia Loureiro.

    Este encontro celebrouse da man do tecido empresarial de Mos no espazo colaborador ZEN SUITE GARDEN, sito na parroquia de Torroso.

    Entre o empresariado participante contouse coa participación de Ramón Alonso, Director Xeral de DALOT; Verónica Allegue, HR Manager de PLASTIC OMNIUM; Angeles Leirós, Xerente de ACCESCA  e Tania Herbojo, técnica de selección de  Vegalsa Eroski. 

    Á xornada asistiron 50 persoas, entre usuarios do propio Programa Integrado de Emprego e outro público interesado.

    Para clausurar o acto a rexedora mosense, Nidia Arévalo, salientou que “aínda que non é unha competencia municipal, unha das miñas máximas prioridades e preocupacións na xestión como alcaldesa é a inserción laboral da veciñanza en situación de desemprego, por iso quero agradecer a man tendida da Xunta de Galicia polo seu apoio incondicional a programas coma este no Concello de Mos, ás empresas pola súa colaboración e participación neles; e, aos usuarios e usuarias, animalos a seguir esforzándose e continuar formándose e realizando unha busca proactiva que, de seguro, dará os seus froitos”.

    Pola súa banda, a delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, sinalou que  estamos ante outra “excelente actividade” para comprobar a “boa xestión” dos fondos públicos en Mos. “Hai iniciativas como os Programas Integrados de Emprego que dan sentido ao traballo das administracións e resulta unha marabilla comprobar que o diñeiro está moi ben investido e que se incrementan os índices de inserción laboral”, sinalou tras agradecer tamén a implicación das empresas privadas.

    Durante todo o evento as/os profesionais compartiron as chaves dos seus procesos de selección, dos diferentes perfís profesionais que buscan e dos requisitos e das actitudes valoradas dende a perspectiva dos propios técnicos e técnicas de selección para, deste xeito,  poder acadar con éxito a inserción laboral. Así mesmo as persoas asistentes tiveron a oportunidade de compartir os seus intereses e motivacións profesionais co persoal integrante da mesa sectorial.

    Datos do VIII Programa Integrado

    O Programa Integrado de Emprego 2023 Concello de Mos iniciouse con 100 persoas usuarias do mesmo, das cales 60 xa se atopan traballando.

    Esta VIII edición do Programa Integrado de Emprego do Concello de Mos comezou en novembro do ano pasado e conta con subvención auntonómica da Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, que aporta 250.000 euros do total de 314.465,41 euros que custa o proxecto. O importe restante é cofinanciado pola administración local mosense.

    A porcentaxe de inserción acadada elévase xa ao 60 % e desde o programa continuarase asesorando e orientado a aquelas persoas demandantes na procura activa de emprego, nos procesos de selección ou noutros perfís profesionais dende a perspectiva do actual mercado laboral, para poder acadar a máxima porcentaxe posible de inserción laboral das persoas participantes antes da súa finalización o vindeiro 16 de novembro.

    Con esta porcentaxe actual de inserción do 60 % xa se superou o obxectivo final do programa, pois se establecía a inserción dun mínimo dun 45 % das persoas participantes.

    Outros dos obxectivos do Programa Integrado son: a mellora da empregabilidade das persoas participantes. Ser un instrumento útil para as empresas, traducido na adecuación dos perfís profesionáis para unha posible incorporación ás suas empresas. E ofrecer medidas de apoio ao participante tales como a axuda de 7 €/día por participar nas acciós que se establezan nos seus itinerarios de inserción e medidas de conciliación, se as necesitan. Todas as persoas interesadas en participar no novo Programa Integrado de Emprego, na súa vindeira 9ª edición 2023-24, que solicitou o Concello, poden achegarse á Axencia de Colocación, chamar ao 986487786 ou ben solicitalo no correo piemos@concellomos.es.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.