10.5 C
Pontevedra
Sábado, 27 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoTuiTui contará cun novo Centro de Cooperación Policial e Aduaneira

    Tui contará cun novo Centro de Cooperación Policial e Aduaneira

    A obra está arestora en fase de licitación e suporá un investimento superior aos 2 millóns de euros

    Tui contará cun novo Centro de Cooperación Policial e Aduaneira, CCPA, na Avenida de Portugal. O proxecto está agora mesmo en fase de licitación por parte do Ministerio do Interior. O prazo de execución previsto no proxecto é de 12 meses e o orzamento ascende a 2.652.976,65 €. A actuación forma parte do Plan de Infraestructuras de la Seguridad del Estado.

    O proxecto a executar contempla a construción dun edificio que dará solución ás necesidades previsibles tanto a medio coma a longo prazo de forma integral e pon o foco na “operación óptima e eficiente do edificio”. A parcela onde se vai situar o novo CCPA ten unha superficie de  4.244 m2, e edificio, funcional e eficiente enerxética mente, contará cunha superficie de 1.193,76 m2.

    O novo centro terá o acceso principal a través da Avenida de Portugal, e a través da súa travesía establecerase o acceso para vehículos e aparcamento.

    A construción estruturase en base a un corredor central, entorno ao que se distribuirán en distintos volumes ou “caixas” onde se ubicarán as distintas dependencias. Contará con dous accesos un principal dende a Avenida de Portugal e outro posterior para aparcamento na travesía.

    O edificio presenta dous corpos edificatorios conectados, un que conforma o edificio administrativo cunha zona con dous niveis de oficinas  e despachos para os distintos corpos presentes no CCPA, e o resto dunha planta. O segundo corpo destinarase a aparcadoiro cuberto.

    O proxecto contempla tamén a urbanización perimetral da parcela entorno ao edificio con zonas axardinadas con especies autóctonas combinando árbores, arbustos, e plantas con flores que faciliten a polinización.

    No Centro de Cooperación Policial e Aduaneira de Tui están a Garda Civil, a Policía Nacional, e a Axencia Tributaria por parte española, e a Garda Nacional Republicana,  a Policía de Seguridade Pública, a Policía Xudiciaria e o Servizo de Estranxeiría e Fronteiras, por parte portuguesa.

    O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, salienta coma esta actuación, xunto á próxima humanización da Avenida de Portugal, contribuirá á rehabilitación e posta en valor desta entrada a Galicia dende Portugal, que a diario é empregada por miles de persoas e vehículos. Lembra amais que aquí está a porta do Camiño Portugués a Galicia que percorren tamén miles de peregrinos ao longo de todo o ano. 

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.