18.9 C
Pontevedra
Xoves, 21 de Setembro de 2023
Máis
    HomeBaixo MiñoTuiGran acollida ás visitas guiadas organizadas este mes de Tui

    Gran acollida ás visitas guiadas organizadas este mes de Tui

    Gran acollida ás visitas guiadas organizadas neste mes de agosto en Tui co obxectivo de dar a coñecer o patrimonio no municipio. As prazas están xa completas para todas as rutas ofertadas, e ante a gran acollida vénse se abrir unha visita máis aos muíños do Tripes o día 25.

    Así no programa “Coñece o noso patrimonio” organizado polo Instituto de Estudios Tudenses coa colaboración da concellería de Patrimonio e Turismo do Concello de Tui cubríronse nuns días as prazas ofertadas nas cinco actividades organizadas. Na primeira delas con conferencia e visita á necrópole de San Bartolomeu con Patxi Pérez Ramallo participaron preto de 90 persoas, e este mércores máis de 70 acudiron á ruta guiada pola igrexa de San Bartolomeu por José Ramón Fernández. No interior do templo as persoas participantes puideron coñecer con detalle os capiteis historiados do tempo, a destacada arquitectura funeraria, a sobranceira escultura gótica de San Domingos que ten participado en distintas exposicións, e os tres retablos do templo: o principal realizado por Antonio del Villar, o da nave lateral dereita de Nosa Señora do Rosario, coñecido popularmente coma da “Batalla de Lepanto”,  e na nave esquerda o neoclásico de San Vicente Ferrer.

    Hoxe luns ás 20.30 h partirá dende o lavadoiro de Riomuíños o percorrido guiado polo historiador tudense Suso Vila sobre “O barrio histórico de Riomuíños”.  O martes 22 a profesora da Universidade de Santiago de Compostela Marta Cendón Fernández conducirá a visita “A Catedral de Tui no medievo. Un percorrido exterior a través do románico e o gótico”. Por último o venres 25 o obxecto da ruta serán “As murallas de Tui” co arqueólogo Juan José Perles Fontao. As prazas están xa completas

    A estas cinco visitas súmanse as tres organizadas aos muíños do río Tripes pola Asociación de Muiñeiros do Tripes tamén coa colaboración do Concello.

    O pasado venres o presidente da Asociación de Muiñeiros, Ricardo Da Silva, foi o encargado de guiar as persoas participantes nesta actividade coñecendo as peculiaridades desta ruta e a trintena de muíños a carón do río Tripes, puidendo da man de Alberto Romer coñecer o funcionamento dun deles. Esta visita repetirase  este venres día 18 tento as prazas xa completas. Ante o éxito de acollida vénse de incorporar unha nova ruta polos muíños para o venres 25 ás 10 h que será guiada por Cristian Lago, e para a que é preciso inscribirse en turismo@tui.gal.

    A concelleira de Patrimonio e Turismo, Ana Núñez, destaca a gran acollida que estas actividades están a ter completándose as prazas ofertadas en moi poucos días, o que reflicte o interese por coñecer o noso patrimonio tanto por parte das persoas que nos visitan estes días coma por parte dos propios tudenses.

    COLABORACIÓNS

    Alberto Mancebo, «O que me quedaba por dicirche»

    Poderiamos afirmar que nos últimos meses algo se está a mover na literatura galega pola aparición de novos autores que nos sorprenden gratamente pola frescura das súas propostas.

    Antón Riveiro Coello, «Hotel Carioca»

    Antón Riveiro Coello volve a demostrar a súa rara habilidade para a construción de historias nas que xoga a mantenta coas personaxes e mais co lector.

    Branca Novoneyra, «As cunchas baleiras»

    Logo dunha longa década de escrita íntima e de reflexión, Branca Novoneyra decide facer público un novo poemario de clara vocación estética e simbólica como é «As cunchas baleiras», que ela mesma concibe como unha «antoloxía» dos versos que saíron da súa pluma ao longo de todo este tempo.

    Fabio Rivas, «A pintura debida»

    Ás veces atopamos sorpresas inesperadas que nos fan sorrir e confiar na saúde da nosa literatura.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    89 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS