14.1 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoOiaOia acolle esta fin de semana o evento “A emoción dos viños”

    Oia acolle esta fin de semana o evento “A emoción dos viños”

    O Real Mosteiro de Oia acollerá esta fin de semana a décima edición do evento “A emoción dos viños”, un escenario impresionante no que achegarse á esencia da terra a través dunha ampla variedade de caldos do país.

    “A Emoción dos viños” presentará proxectos indispensables para a vida no rural, sementeira para o futuro da viticultura, e proxectos xa consagrados no olimpo vitivinícola mundial. Elaboracións especiais dun grupo de viticultores que representan, coas súas creacións, os mil matices da viticultura.

    Defendendo sempre con firmeza un viño producido dende o respecto, cun traballo sostible na viña e cunha clara idea de calidade e identidade por riba de cantidade e mercado, os viticultores reivindican a sinceridade dos viños limpos elaborados con honestidade e respecto ao entorno e ao consumidor. A través deste evento a organización promove a difusión do pracer e a alegría de gozar duns viños que falan de territorios, de persoas e de emocións.

    O horario será de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 21.00 horas tanto o sábado 1 de agosto como o domingo día 2. O prezo da entrada é de 15 euros para unha xornada e de 20 euros para as dúas. Os asistentes recibirán unha copa serigrafiada coa que poderán degustar todos os viños e ademais instalarase unha tenda para todas as persoas interesadas en adquirir algunha botella.

    O evento desenvolverase na súa maior parte ao aire libre, nos xardíns e no claustro do Mosteiro, coas máis estritas medidas de seguridade e hixiene. Haberá dispoñibles 250 entradas (reservas en emociondosvinhos@gmail.com), que é o 60% do aforo permitido, co obxectivo de facilitar o mantemento das distancias de seguridade. 

    Ademais, e tal como di a orde publicada no Diario Oficial de Galicia o pasado 18 de xullo, o uso de máscara será obrigatorio.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.