18.4 C
Pontevedra
Martes, 26 de Setembro de 2023
Máis
    HomeBaixo MiñoO RosalO Concello do Rosal repartiu compost nunha visita ao composteiro comunitario

    O Concello do Rosal repartiu compost nunha visita ao composteiro comunitario

    O Concello do Rosal participa, dende hai algo máis dun ano, no programa Revitaliza da Deputación de Pontevedra, que busca reducir os residuos domésticos impulsando a compostaxe. No marco deste programa o Concello instalou o seu primeiro composteiro comunitario no pasado mes de xuño, e agora é o momento de recoller os froitos dese traballo.

    O compost obtido do composteiro será repartido ás veciñas e veciños rosaleiros interesados, nunha xornada que se celebrou hoxe 26 de febreiro en dúas quendas: unha ás 11:00 h e outra ás 17:00 h. Nesta visita, ademáis do reparto do compost, o mestre composteiro amosou a veciños e veciñas o funcionamento dos diferentes módulos do composteiro e resolveu ás dúbidas das persoas asistentes.

    Dende o Concello do Rosal consideran que o impulso da compostaxe “é unha prioridade e unha iniciativa fundamental cara a un futuro máis sostible, onde todas e todos temos que por da nosa parte para reducir o impacto que temos no medio ambiente” segundo as palabras da súa alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.

    Dende o Concello convidan a calquera persoa interesada do municipio a asisitir a estas visitas, que terán lugar no propio composteiro, ubicado na Rúa Manuel Suárez Marquier. Non é preciso inscrición previa.

    COLABORACIÓNS

    Alberto Mancebo, «O que me quedaba por dicirche»

    Poderiamos afirmar que nos últimos meses algo se está a mover na literatura galega pola aparición de novos autores que nos sorprenden gratamente pola frescura das súas propostas.

    Antón Riveiro Coello, «Hotel Carioca»

    Antón Riveiro Coello volve a demostrar a súa rara habilidade para a construción de historias nas que xoga a mantenta coas personaxes e mais co lector.

    Branca Novoneyra, «As cunchas baleiras»

    Logo dunha longa década de escrita íntima e de reflexión, Branca Novoneyra decide facer público un novo poemario de clara vocación estética e simbólica como é «As cunchas baleiras», que ela mesma concibe como unha «antoloxía» dos versos que saíron da súa pluma ao longo de todo este tempo.

    Fabio Rivas, «A pintura debida»

    Ás veces atopamos sorpresas inesperadas que nos fan sorrir e confiar na saúde da nosa literatura.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    89 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS