10.5 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoO RosalArranca o Consello Municipal da Educación do Rosal, un espazo de traballo...

    Arranca o Consello Municipal da Educación do Rosal, un espazo de traballo colectivo a prol da ensinanza

    Integrado por representantes de todo o tecido educativo da localidade, permitirá unha colaboración aínda máis estreita entre Concello e representantes do eido educativo

    O Concello do Rosal vén de constituír o Consello Municipal da Educación, un novo órgano consultivo integrado por representantes de todo o tecido educativo do municipio que funcionará como un espazo de traballo colectivo a prol da ensinanza, un lugar onde preguntar e responder que sirva como foro de debate e reflexión, viveiro de propostas e fonte de visión crítica. “O Consello de Educación nace como un sitio común onde traballar sobre o futuro da ensinanza no Rosal, un espazo distinto ao dos consellos escolares de cada centro, que teñen unha vida propia e un obxectivo diferente. Este consello busca achegar propostas e novas ideas, non decidir como traballar nos distintos centros”, salienta a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, durante a reunión de constitución, celebrada por videoconferencia.

    Xunto aos concelleiros de Educación e Participación Veciñal, Carlos Villanueva e Ramón Fernández Leal, este novo Consello está integrado por representantes do profesorado da Escola Infantil A Galiña Azul, do CPI Manuel Suárez Marquier e do CRA María Zambrano, así como por memrbos da ANPA de cada centro e representantes da Agrupación Musical, da asociación San Xerome Emiliani, de Avelaíña e do alumnado que participa no Consello Escolar do CPI. Tamén forman parte deste novo órgano a psicóloga Andrea Iglesias e a educadora familiar municipal, Sandra Alonso.

    Este encontro serviu para facer unha primeira toma de contacto entre as persoas participantes e achegar ideas para a celebración das dúas próximas conmemoracións: o Día do Libro Infantil e o Día do Libro, que se festexan o 2 e 23 de abril, respectivamente. Dende o Consello propuxéronse diferentes actividades para realizar de xeito telemático ou presencial con todas as medidas de prevención necesarias coas que achegar os libros a nenos, nenas e mocidade tendo en conta inclusión e idade, como a creación de contos con area, a recomendación de libros, contos teatralizados, microrrelatos, a tradución ao galego dalgún libro ao galego que non estea neste idioma… Durante a reunión lembráronse tamén experiencias que están xa a funcionar, como os contacontos intercambiando profesorado e alumnado do CRA e do CPI, ou o ‘Apadriñamento lector’ e o ‘Receitar libros’ que se está a realizar no CPI. Entre outras ideas tamén xurdiu a proposta de realizar unhas xornadas centradas na educación.

    O Consello Municipal de Educación súmase así ao de Deporte, Cultura, o de Igualdade e ao de Desenvolvemento Local, que buscan crear un espazo de suma de sinerxías, experiencias, ideas e valores dende unha perspectiva positiva nos distintos ámbitos da vida da localidade.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.