Sábado, 3 Maio de 2025

Suspendido o servizo de ferry entre A Guarda e Camiña pola alta incidencia de casos por coronavirus en ámbalas dúas beiras do Miño

O alcalde de Caminha, Miguel Alves, fixo público a través dun comunicado, a determinación da Câmara Municipal de suspender o servizo do ferry entre Caminha e A Guarda dende hoxe mesmo e ata que se indique o contrario. Esta decisión tomouse tendo en conta o aumento do número de infectados no Municipio de Caminha así coma os casos existentes nos municipios do Rosal e Tomiño.

A decisión de levantar esta suspensión queda arestora determinada en función da evolución da situación epidemiolóxica no municipio de Caminha e en Portugal, tendo en conta tamén o mesmo factor no concello da Guarda e en Galicia.