Tag: ferry
Suspendido o servizo de ferry entre A Guarda e Camiña pola alta incidencia de casos por coronavirus en ámbalas dúas beiras do Miño
O alcalde de Caminha, Miguel Alves, fixo público a través dun comunicado, a determinación da Câmara Municipal de suspender o servizo do ferry entre Caminha e A Guarda dende hoxe mesmo e ata que se indique o contrario. Esta decisión tomouse tendo en conta o aumento do número de infectados no Municipio de Caminha así coma os casos existentes nos municipios do Rosal e Tomiño.
Unha avaría obriga a suspender temporalmente o servizo de ferry entre A Guarda e Caminha
Dende a tarde deste mércores día 15 de xaneiro unha avaría obriga a cancelar as viaxes do Ferry Boat que comunica A Guarda e Caminha. A previsión é que se resolva a incidencia na xornada do venres 17 e se recupere a normalidade no servizo.
A mediación do Concello de Tomiño permite a retirada do embarcadoiro do antigo ferry con Cerveira
A mediación do Concello de Tomiño posibilitou a retirada do embarcadoiro do antigo ferry-boat que unía Goián e Cerveira e que, dado o seu estado de deterioro e abandono, constituía un perigo para os piragüistas do Club Deportivo Miño e público en xeral.
Traballos de despezamento do embarcadoiro
Logo de que repetidas veces...