10.7 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis

    Tag: día da biblioteca

    área panorámica tui

    A Biblioteca de Tui celebra o ‘Día das escritoras’ cun encontro con Conchi Regueiro e María José Areal

    A Biblioteca Pública Municipal de Tui celebra o vindeiro luns, 18 de outubro, o Día das escritoras coa celebración dun encontro de dúas escritoras, Conchi Regueiro e María José Areal, no que nos ofrecerán a súa visión da creación literaria e do papel da literatura, especialmente a creada por mulleres. Este encontro terá lugar na Biblioteca Municipal tudense ás 20 h.

    Actividades para celebrar o día da biblioteca na Guarda

    A Biblioteca Pública Municipal da Guarda prepara diversas actividades no mes de outubro para celebrar o mes da Biblioteca, e o Día da Biblioteca o 24 de outubro. Todas as actividades precisan inscrición previa na Biblioteca Municipal ou chamando ao teléfono 649 327 525. Protocolo Covid-19. Bibliotecas seguras.
    área panorámica tui

    Unha «Ruta Literaria» pecha os actos do Día da Biblioteca de Tui

    Mañá sábado, 26 de outubro, ás 17 h sairá do edificio 'Francisco Sánchez' sede da Biblioteca tudense unha Ruta Literaria coa que se pecha o programa de actos desenvolvido ao longo do mes para conmemorar o Día da Biblioteca. A ruta estará dirixida pola escritora Marga do Val e polo responsable do centro bibliotecario tudense, historiador e colaborador deste xornal, Rafael Sánchez Bargiela.

    Contacontos de Anxo Avelino o luns na Biblioteca da Guarda

    A Biblioteca Pública Municipal da Guarda continúa coas actividades para conmemorar o día da Biblioteca 2019, que se celebra cada ano o 24 de outubro. O obxectivo destas actividades é a animación á lectura durante o mes de outubro.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.