As actividades de “A Guarda Diversa 2023” terán lugar na xornada do mércores día 28 en horario de 19:00 h a 21:00 horas, na Casa dos Alonso, con dúas sesións en paralelo.
Por unha banda no Salón de Plenos terá lugar un faladoiro a cargo de Cristina Palacios, traballadora social e xerente da Asociación Arelas; Miguel Vieito, asesor legal da Asociación Arelas e Brais Papiri, responsable da Sección Xuvenil da Asociación Arelas, crianzas e mocidade trans de Galicia. Esta actividade estará acompañada da actuación musical da artista “A Riso”. Neste faladoiro profundizarase naqueles aspectos nos que a Lei ten limitacións e os retos de futuro que se presentan. O Faladoiro tamén se vai a retransmitir por streaming a través da canle oficial de Youtube do Concello da Guarda https://www.youtube.com/@concellodaguarda.
Por outra parte, na Sala de Audiovisuais da Casa dos Alonso, terá lugar o contacontos e obradoiro dirixido a crianzas de 4 a 8 anos “Transformando Realidades”, a cargo de Sara Uris, mestra en Educación Infantil especializada en igualdade e diversidade. Realizarase de forma simultánea co faladoiro como medida de conciliación.
Para asistir ás actividades non é necesaria inscrición previa e a entrada é de balde, ata completar aforo. Rógase a asistencia 10 minutos antes do inicio de cada acto.
Máis información no CIM da Guarda, no teléfono 986 61 4648, na web municipal www.aguarda.es ou no correo electrónico muller@aguarda.es.
STREAMING: https://youtube.com/live/rJy1_O1LDTI?feature=share.