20.2 C
Pontevedra
Mércores, 24 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoA GuardaA Deputación manifesta o seu apoio ao proxecto do acceso sur do...

    A Deputación manifesta o seu apoio ao proxecto do acceso sur do porto da Guarda

    A Deputación disposta a participar na xuntanza que propón o Concello e a avaliar a opción de coparticipar na financiación aínda que sexa unha competencia allea

    A Deputación de Pontevedra expresou hoxe o seu apoio ao Concello da Guarda no proxecto da  variante do acceso sur do Porto como o mellor trazado posible para unha obra clave no desenvolvemento da vila do Baixo Miño. Nunha reunión celebrada na institución provincial, á que asistiu a presidenta Carmela Silva, o alcalde Antonio Lomba explicou que esta alternativa de trazado é a mellor valorada desde todos os puntos de vista, a que escolleu desde un principio o persoal técnico da Deputación e do Concello, e tendo en conta factores tan importantes como a afección ao medio humano ou o impacto medioambiental xa que non afectaría ás vivendas, nin ao litoral o que permitirá manter como principal o uso peonil e ciclista da senda litoral, reducindo o tráfico de vehículos.

    O alcalde trasladou á Deputación a necesidade da implicación da Xunta de Galicia no desenvolvemento deste trazado polo que adiantou que convidará ás tres administracións a unha xuntanza para poder avanzar. A presidenta Carmela Silva xa mostrou a disposición da institución para participar na reunión tripartita e, incluso, “aínda que non son competencias provinciais, poderíamos avaliar a opción de coparticipar na financiación ao tratarse dun proxecto clave para o municipio, que cumpre todos os parámetros do noso modelo de recuperación de espazo público e mobilidade amable e sustentable. “Amais, recordou, a eliminación do tráfico do centro permitiría por fin, e como sempre foi a nosa intención, que a rúa Concepción Arenal que xa humanizamos poida ter un uso peonil”. O proxecto do acceso sur foi redactado pola Deputación a solicitude do Concello no ano 2018, e actualmente se sigue traballando con Patrimonio desde un punto de vista técnico para adaptalo ás súas suxestións e poder continuar co procedemento, xa que dispón do resto dos informes sectoriais. O alcalde guardés lembrou que a obra é prioritaria cara á necesaria reactivación do Porto, eliminar o tránsito de vehículos nas rúas do centro e conseguir un bo acceso á principal zona turística e de restauración da Guarda.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.