14.1 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis
    HomeA ParadantaArboArbo organiza actividades no mercado para dinamizar a compra de cercanía

    Arbo organiza actividades no mercado para dinamizar a compra de cercanía

    O Concello de Arbo pon en marcha a campaña ‘Cociña de Mercado’, coa finalidade de dinamizar a Praza do Mercado de Arbo. Con tal motivo organiza os obradoiros “Cociña de Mercado” os días 4, 11, 18 e 25 de xaneiro en horario de 11:00 a 13:00 horas na Praza do Mercado.

    O alcalde de Arbo, Horacio Gil, indica que con esta iniciativa, outras xa realizadas e as programadas para o ano 2023, o Concello de Arbo, esta pondo en marcha accións de mellora e activación da promoción comercial co fin de fomentar a actividade económica, fidelizar os consumidores da zona e captar novos usuarios e visitantes. Deste xeito, o Concello promove unha vila máis activa mediante a programación de eventos de dinamización do comercio e da hostalería.

    Dende o día 4 de xaneiro, e todos os mércores de xaneiro, o Concello de Arbo ofrece a posibilidade de gozar dunha actividade que inclúe información, combinada con clases de cociña para aprender a cociñar os alimentos que se mercaron no Mercado da Praza do Arbo.

    Os obradoiros terán un aforo limitado a 15 persoas. Os que queiran participar deberán inscribirse previamente nas oficinas municipais do Concello de Arbo ou no correo electronico oficinas.concellodearbo@gmail.com.

    Mercar na Praza de Abastos de Arbo, é garantía de calidade, bo servizo e atención personalizada así como garantía de boa compra, con estes obradoiros o Concello pretende fomentar  o consumo  do mercado cunha variedade de carnes, lácteos, froitas, verduras, pescados, mariscos, hortalizas, froitas…

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.