11.6 C
Pontevedra
Martes, 19 de Marzo de 2024
Máis
    HomeColaboraciónsA porta das TrabancasPeregrinos xacobeos na cidade de Tui (VII): O rei de Portugal, Manoel...

    Peregrinos xacobeos na cidade de Tui (VII): O rei de Portugal, Manoel I, en 1502

    Continuado este relato cronolóxico nos achegamos agora a outra das máis afamadas peregrinacións polo Camiño Portugués como foi a realizada no ano 1502 polo rei de Portugal, Manoel I, o Venturoso. Foi a última vez en que un monarca tiña visitado Tui ata que o pasado 2 de setembro o rei Filipe VI visitou a Comandancia Naval do Miño, tras 508 anos!

    O rei Manuel I foi o gran impulsor da ruta atlántica ás Indias contribuíndo á creación do imperio comercial portugués que fixo deste país un dos mais ricos e poderoso da época. Recibe o sobre nome de o Venturoso ou Bem-Aventurado polos logros acadados no seu reinado, como foi o descubrimento da ruta atlántica á Indias polo cabo de Boa Esperanza ou a descuberta de Brasil. Morreu en 1521 e esta soterrado do Mosteiro lisboeta dos Xerónimos que el mandou construír.

    Manoel I posuía unha gran relixiosidade e acordou dirixirse en peregrinación a Santiago para agradecerlle ao apóstolo os éxitos ultramarinos acadados por Portugal. Na súa peregrinación estaba acompañado polo bispo Pedro -prior da Santa Cruz de Coimbra-, Diogo Lobo, Martinho de Castelo Branco, Nuno Emmanuel, António de Noronha -o seu escriban- e Fernando II marqués de Vila Real.

    Posteriormente, en 1588, o humanista portugués Damian de Goes, recibiu o encargo do Infante-Cardeal Enrique de Portugal para redactar a crónica do reinado de D. Manuel I, que realizou en sete anos. Nesta monumental obra figura un capítulo, no libro primeiro, titulado: De como el Rei foi aforrado a Galiza visitar a casa do Apostolo Santiago. Recollemos desta obra o seguinte texto que documenta o paso desta peregrinación rexia polo territorio tudense, testemuñando como historicamente a única vía de comunicación entre Portugal e Galicia era pola fronteira entre Valença e Tui e por tanto a vía ou camiño que empregaban todos os peregrinos xacobeos:

    Per caso das boas andanças e sucessos destas viajens, fazia el Rei, allem das suas acostumadas esmollas, outras de dinheiro e especiarias a muitas casas de religiom, assi nestes regnos como fora delles, o mesmo a pessoas particulares , pera que intercessan e oraçan destes pouuelle a Deos lhe prosperar seus negocios de bem en melhor, alem do que assi elle como a Rainha pessoalmente vissitavan muitas casas de deuaçom, entres as quaes presopos de ir a Galliza à do Apostolo Santiago, situada na cidade de Compostela. Nesta romajem levou consigo o Bispo de Guarda dom Pedro, que era tamén Prior da Sancta Cruz de Coimbra, e dom Diogo lobo baram de Dalvito, dom Martinho de Castel Branco, dom Nuno Emanuel seu garda mór, dom Antonio de Noronha seu serivam de puridade, e dom Fernando Segundo Marques de villa Rela, de quem el Rei mandou depois de ser en Galliza, por nam querer que se soubesse qual dos da companhia era, que todos acatassen como a sua pessoa. Partio el Rei de Lisboa assorrado no mes doutubro deste ano de mil e quinientos e dous, fazendo o seu caminho por Coimbra (…) Dalli foi ter a Montemor o velho e Aveiro e ao Porto (…) Do Porto foi a Valença de Minho (…) De Valenza entrou en Galiza pela cidade de Tui, tomando dalli o caminho direito ate a casa do benaventurado Apostolo, con muita devaçam, onde se deixou conhecer, e foi festejado, assi do Cabido da Sé, como dos governadores da cidade e fidalgos que nela moravan. Esteve el Rei trez dias continuos na cidade ,a cabo dos quaes, despois de ter feito, por sua devoçam, muitas esmollas a mesma casa, Sprital e pessoas necessitadas, se tornou para o regno, fazendo merces a todolos hospedes das casas em que pousava, ate chegar a Lisboa

    D. Manuel permanece tres días en Compostela ofrecendo diversas doazóns á Catedral e esmola a numerosos lugares do seu percorrido. Ao seu retorno, o rei D. Manuel mandou facer unha lámpada de prata para que fora colocada fronte ao altar de Santiago e atribuíulle unha renda a Catarina Sarmento, neta do rexedor de Pontevedra, para que a dotase de aceite e a mantivese acendida. Este acto foi renovado ao longo do tempo por varios reis e raíñas de Portugal.

    Sabemos que o seu retorno foi polo mesmo roteiro, pois cando chegou a Valença enviou unha carta ao Deán da Catedral de Braga, anunciándolle a súa visita.

    Unha nota, Damián de Goes realizará tamén unha peregrinación, en 1533, que lle serve de oportunidade para saír de Lisboa onde D. Joao III o queria como Tesoureiro da Casa da Índia, mais donde ele teve prenúncios do que lhe viria a acontecer , que será un proceso inquisitorial.

    Cómpre lembrar que formaba parte do seu cortexo, como escudeiro, Duarte D’Armas, que recibirá o encargo do monarca de visitar as fortificación fronteirizas entre Castela e Portugal e o seu estado de conservación e as recomendacións de obras e reformas. Duarte d’Armas visita durante seis meses do ano 1509 este lugares elaborando un códice en dos volumes entregados ao rei Manoel I en marzo de 1510 que é coñecido como o Livro das fortalezas. Entre as 56 fortalezas fronteirizas está Valença, cun debuxo que abrangue tamén á cidade de Tui. Posuímos así as máis antiga imaxe da nosa cidade correspondente ao ano 1509.