11.4 C
Pontevedra
Venres, 8 de Decembro de 2023
Máis

    Tag: ruta xacobea

    Peregrinos xacobeos na cidade de Tui (XII): Erich Lassota von Steblovo (1581)

    Continuamos a relación de relatos de peregrinación coa que realiza, Erich Lassota de Stevolovo (ou Von Steblau), nobre polaco ao servizo de Felipe II, cando ocupaba os tronos de España e Portugal. Erich Lassota von Steblau é natural de Bleischwitz (localidade da Alta Silesia hoxe integrada en Polonia) onde nace na década de 1550.

    O Concello de Tui crea o Foro do Camiño Portugués

    O Concello de Tui continua avanzando no impulso de iniciativas a prol do Camiño Portugués ao entender que esta ruta xacobea é un dos principais recursos patrimoniais e turísticos do concello. Neste senso pon en marcha unha iniciativa denominada 'Foro do Camiño Portugués' co obxectivo de realizar cada mes unha charla sobre temáticas xacobeas relacionados coa peregrinación polo Camiño Portugués. Trátase dunha sesión presencial pero retransmitida en liña, en tui.gal, para favorecer o acceso de todos os interesados.

    “Tui, Capital do Camiño Portugués” nova guía da ruta xacobea ao seu paso polo municipio tudense

    “Tui, Capital do Camiño Portugués” é o título da nova guía da ruta xacobea ao seu polo municipio tudense que vén de editar o Concello de Tui. Trátase dunha guía visual realizada polo artista local Andrés Lamas que recolle o percorrido do Camiño dende a vella Ponte Internacional até a Ponte de Orbenlle.

    Peregrinos xacobeos na cidade de Tui (VII): O rei de Portugal, Manoel I, en 1502

    Continuado este relato cronolóxico nos achegamos agora a outra das máis afamadas peregrinacións polo Camiño Portugués como foi a realizada no ano 1502 polo rei de Portugal, Manoel I, o Venturoso. Foi a última vez en que un monarca tiña visitado Tui ata que o pasado 2 de setembro...

    Prado Surf Escola iniciou hoxe as actividades de ‘O Teu Xacobeo’

    Durante todo o mes de xuño Prado Surf Escola, en colaboración coa Xunta de Galicia, pon en marcha unha actividade dentro do programa 'O Teu Xacobeo' para promocionar o Camiño de Santiago entre a poboación local do terceiro sector. A primeira destas actividades arrancou hoxe xoves 11 con Aldeas Infantís Redondela.

    Unha andaina guiada amosa a pegada xadobea no Camiño de Santiago na Guarda

    O vindeiro sábado día 15 de febreiro terá lugar na Guarda a segunda das actividades do proxecto 'O Camiño Aguárdate', coa que o concello participa no programa O Teu Xacobeo da Xunta de Galicia. A finalidade deste proxecto é divulgar os valores do camiño entre a poboación local e buscar un maior achegamento entre estes e os peregrinos.

    O Camiño Portugués pola Costa confírmase como a ruta Xacobea de maior crecemento

    A Oficina do Peregrino, encargada da elaboración das estatísticas das e dos peregrinos que se achegan as súas instalacións para acadar a Compostelá ou o diploma que acredita a peregrinación ata Santiago de Compostela, vén de confirmar o espectacular crecemento do Camiño Portugués pola Costa que pechou o 2019 con 22.291 peregrinos, o que supón un incremento dun 61% respecto ao 2018 (13.841 persoas).

    LIBROS

    Amador Castro Moure, «Pronto hei de volver»

    A emigración, como non podía ser doutra maneira, é un deses temas aos que a literatura galega volve unha e outra vez. Dende distintas perspectivas e con diferentes enfoques e intencións, forma parte troncal do noso sistema literario dende o momento en que comezou a tomar forma.

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.