Despois de ser estreado o pasado verán en véspera da Feira dos Oficios Artesáns de Mondariz e peregrinar por diferentes localidades do Camiño de Santiago nas catro provincias galegas, o documental "Notas sobre os cesteiros de Mondariz" chega aos festivais de cinema. Recentemente foi seleccionado para participar na sección oficial da 17ª Mostra de Cinema Etnográfico do Museo do Pobo Galego, que se celebrará do 29 de marzo ao 2 de abril de 2022 en Santiago de Compostela.
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo e o alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, acompañados polo concelleiro de Deportes de Mos, José Areal achegáronse esta semana ata as instalacións do Club Xadrez Mos, no antigo Centro Cultural de Torroso, para visitar aos rapaces e rapazas xadrecistas do clube (dos que un 20% son veciños do concello porriñés) durante os seus adestramentos e aproveitaron para felicitalos polos incribles resultados obtidos nos Campionatos Provinciais.
Ponte...nas ondas!, o IES Antón Alonso Ríos, de Tomiño e o CPI Suárez Marquier, do Rosal, en colaboración cos concellos de Tomiño e do Rosal organizan o acto, ao que asistirá a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, institución que apoiou a publicación do libro USB de Meniños Cantores 2.
O Pleno municipal aprobou os convenios polos que se establecen as relacións de cooperación e coordinación entre o Concello de Mondariz e as entidades locais menores de Vilasobroso e Queimadelos, froito da vontade e do traballo de negociación do Goberno municipal para dar unha solución a unha demanda histórica relacionada co cumprimento da Lei de Administración Local de Galicia.
O programa “Subes ao autobús do teatro?” chega de novo a Gondomar para nesta ocasión para facilitar a que quera que asiste a obra que hai en cartel: “A peste”.
O Rosal continúa coa súa programación outonal con máis teatro. O vindeiro domingo 14 de novembro ás 19.00 horas Producións Teatrais Excéntricas representará no Auditorio Municipal a obra “Estrela do día”, unha obra para que o público recupere a fe no teatro, “o único lugar onde o milagre aínda é posíbel”. A alcaldesa, Ánxela Fernández, anima á veciñanza a asistir a un espectáculo “moi divertido e con entrada de balde ata completar aforo”.
O Concello de Redondela iniciará, en breve, as obras de remodelación da rúa Picota dende o viaduto ata a praza da capela de Santa Mariña, incluíndo no seu trazado a praza da Fonte do Mouro e a contorna da antedita capela. As obras contarán cun investimento total de 993.834,47 euros dos que a Deputación de Pontevedra achegará, a través do plan ReacPon, máis de 460.000 euros (461.859,85 €).
A relación de amizade, apoio á diversas iniciativas, colaboración, difusión e investigación dos valores patrimoniais vencellados coa cultura mariñeira , e as nosas tradicións,…, que ao longo da súa andaina vital mantivo Eliseo Alonso Rodríguez (Goián-Tomiño, 1 de marzo de 1924 – La Habana-Cuba, 18 de novembro de 1996), coas xentes de A Guarda, son, entre outras, algunhas das razóns polas cales, desde fai anos, varias persoas da vila guardesa, relacionadas co mundo da cultura, viñan propoñendo un público recoñecemento institucional á figura do escritor, etnógrafo, poeta e xornalista goianés.
A subdelegada do Goberno en Pontevedra, María Larriba, desprazouse hoxe ao almacén da Asemblea Provincial da Cruz Vermella en Pontevedra, xunto a representantes desta asociación para supervisar o desenvolvemento da segunda fase do Programa de Axuda a Persoas Desfavorecidas 2021, que xestiona o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.
A instalación de máis de mil contedores novos, a modernización da frota de camións, a ampliación e adecuación do punto limpo, a promoción da reciclaxe entre a veciñanza con reparto de máis de 300 composteiros, ou, localización de contedores de pilas e material contaminante son algúns dos moitos cambios que o servizo de limpeza de Gondomar introduciu coa chegada da nova concesionaria no ano 2019.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.