Sábado, 3 Maio de 2025

Ultimas Noticias

Luis López visita a biblioteca pública de Petelos, Mos, na que a Deputación investiu 360 000 euros para a reforma do inmoble

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, comprobou este venres o remate da reforma do edificio da biblioteca e xulgados de paz da parroquia de Petelos, no Concello de Mos. O mandatario provincial compartiu esta visita cos escolares de primeiro e segundo curso de Educación Primaria do colexio de Petelos, que participaron nun obradoiro para coñecer a figura da poeta da comarca da Louriña que dá nome a este renovado inmoble, María Magdalena.

Luis López avanza «100 % Rías Baixas», campaña para procionar a provincia como destino turístico coa auga como gran protagonista

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, avanzou este xoves a campaña turística de 2024 que Turismo Rías Baixas presentará o próximo mércores 24 ás 12.30 horas na Feira Internacional de Turismo (Fitur) e que levará por lema “100% Rías Baixas”. Nun vestíbulo do Pazo provincial ambientado para a ocasión coa proxección da fervenza da Toxa na escalinata, Luis López presentou a todos os presentes –rexedores e concelleiros de toda a provincia, representantes do sector turístico e deputados provinciais– que a auga, como atractivo turístico, será a base da campaña.

Transportes somete a información pública a modificación do proxecto de mellora á seguridade viaria da N-120 en Ponteareas

O Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible somete a información pública a modificación do proxecto de trazado para mellorar a seguridade viaria da estrada N-120 en Ponteareas, tras publicar hoxe no Boletín Oficial do Estado (BOE) a aprobación provisional do documento complementario ao devandito proxecto.

Aberto o prazo para inscribirse na primeira das rutas ornitolóxicas da Deputación do 2024

O programa “Voando nas Rías Baixas”, que impulsa a institución provincial da man de SEO/BirdLife, comezará o domingo 14 de xaneiro cunha ruta pola Foz da Ramallosa e praia América

Tomiño achega 25.000 bolsas de material reciclable para potenciar o comercio local

Tomiño pon en valor o comercio local cunha nova acción de ‘Da túa man’, unha campaña que busca promocionar que a veciñanza merque nos establecementos tomiñeses e fomentar o desenvolvemento sostible do municipio. O Concello está a repartir cerca de 25.000 bolsas promocionais de tea e diferentes materiais reciclados entre os comercios interesados e os praceiros e praceiras dos mercados de Tomiño e Goián, que se encargan de distribuílas posteriormente a compradores e compradoras.

Catro persoas emprendedoras de Tui participaron no coworking da Deputación e da Escola de Organización Industrial

Cecilia Portela, María Cristina Alves, Javier Argüelles e Gema María Fernández son as catro persoas emprendedoras de Tui que participaron dende o mes de abril no primeiro coworking multisede da Deputación de Pontevedra e da Escola de Organización Industrial (EOI), que se desenvolveu en Tui, Vigo e Silleda.

A Confraría Santa Tecla da Guarda convoca unha concentración contra a eólica mariña

Baixo o lema “O vento é gratis, a eólica mariña non" a Confraría Santa Tecla da Guarda convoca esta concentración para esixir a paralización dos proxectos de éolica mariña que pretenden instalar nas costas da Guarda, Oia, O Rosal e mesmo Baiona. A recente aprobación dos POEM prioriza a produción industrial de enerxía fronte á protección da biodiversidade e a actividade pesqueira.

Novo curso de memoria no Centro Cultural de Angoares

O Concello de Ponteareas continúa a levar cursos de balde ás diferentes casas e centros culturais para achegar “o maio número posible de actividades lúdicas e didácticas ás nosas parroquias”, como destaca o concelleiro de Cultura, Fernando Groba.

A Deputación mobiliza outros 5,5 millóns para garantir servizos en materia de emprego, cooperación, sostibilidade, infraestruturas e cohesión social nos concellos

A Deputación vén de mobilizar 5,5 millóns de euros en novos recursos para garantir dereitos e servizos “e seguir mellorando a vida da xente” nos concellos da provincia. A metade deste investimento, vai parar ao programa Primeira Experiencia Profesional nos concellos, que permitirá 152 contratacións, mentres que case un millón destinarase á mellora de dúas estradas provinciais no Rosal e As Neves.

Alumnado do CEIP de Sobrada deseña a bandeira do tradicional Lanzo da Cruz de Tomiño

O tradicional Lanzo da Cruz de Tomiño estreará este ano bandeira, un elemento que ondeará en todos os actos desta festa secular e transfronteiriza que este ano se celebrará o vindeiro 10 de abril, o luns de Pascua. Os nenos e nenas do CEIP de Sobrada foron os encargados de deseñar esta bandeira que se converterá en emblema dunha romaría histórica que se realizaba ao longo do último treito do río Miño e que na actualidade só se conserva na parroquia tomiñesa de Sobrada e na freguesía de Cristelo Covo, en Valença.

Redondela avanza a bo ritmo nas obras do aparcadoiro disuasorio da Praza de Ponteareas

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, acompañada pola concelleira de Urbanismo, María Castro, visitou a obra de demolición da nave que dará paso ao aparcamento disuasorio da Praza de Ponteareas. Peza clave no proxecto que pretende transformar Redondela e “ofrecer unha entrada á vila en condicións, e como se merecen os veciños e veciñas de Redondela”.

Carmela Silva suliña o “talento e compromiso coa igualdade” da mocidade na entrega dos premios «Cambiemos o conto»

Escoller unha estrofa ou verso dunha canción cun marcado carácter machista e, a partir de aí, escribir un conto de denuncia, contrastando a situación con como queremos construír o mundo e as relacións desde o feminismo. Iso foi o que fixeron, de forma brillante e “convertendo estas cancións en reflexións para contarnos outro relato”, como destacou hoxe unha emocionada Carmela Silva, as cinco mozas gañadoras do primeiro concurso “Cambiemos o Conto”, organizado pola Deputación no marco das accións do Manifesto de Soutomaior.