9.9 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis
    HomeUltimas NoticiasNovo curso de memoria no Centro Cultural de Angoares

    Novo curso de memoria no Centro Cultural de Angoares

    O Concello de Ponteareas continúa a levar cursos de balde ás diferentes casas e centros culturais para achegar “o maio número posible de actividades lúdicas e didácticas ás nosas parroquias”, como destaca o concelleiro de Cultura, Fernando Groba. Ao abeiro destas iniciativas, o vindeiro luns 8 de maio comeza un novo curso de memoria no Centro Cultural de Angoares.

    Trátase dun obradoiro de 15 horas de duración, un curso práctico no que as persoas participantes traballarán para mellorar a súa capacidade de retención e concentración, con técnicas e estratexias deseñadas para todas as idades coas que mellorar a memoria de forma amena.

    O curso celebrarase os luns de 17:00 a 19:00 horas e terá un máximo de 15 prazas. As persoas interesadas en participar ou ter máis información poden poñerse en contacto co propio centro cultural ou co departamento de Cultural en departamentocultura@ponteareas.gal.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.