“É importante que haxa plataformas para visibilizar historias de memoria histórica, que forman parte da historia de Galiza, do noso común, do que somos agora”. Así o manifestou a dramaturga Ana Abad de Larriva, gañadora do premio do I Certame de Microteatro da Memoria organizado pola Deputación de Pontevedra e a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESAD).
“Que saiba a provincia que todas e todos imos quedar nas mellores mans, nas de mozas e mozos que teñen ideas, traballan, que se comprometen e son capaces de construír e crear, e é a única forma de que poidamos seguir avanzando”. A presidenta provincial, Carmela Silva, puxo hoxe en valor o traballo do alumnado e o profesorado dos centros da provincia que participaron na cuarta edición do programa DepoEmprende na FP durante a xornada DemoDay na que os e as estudantes presentaron os seus proxectos de emprendemento deseñados desde a aula e na que o xurado distinguiu aos gañadores.
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe as novas medidas acordadas polo comité clínico de expertos sanitarios, entre as que destacou as relacionadas co toque de queda, as residencias de maiores e a hostalería. Logo de precisar que todas as decisións acordadas entrarán en vigor a partir deste venres 16 de abril, Feijóo confirmou que Galicia seguirá apostando por unha apertura “progresiva, puntual e proporcional”, tendo a prudencia como máxima.
Se o ano pasado foi de récord no Centro de Acollida e Protección de Animais (CAAN) da Deputación de Pontevedra, en pouco máis de 3 meses este 2021 vai camiño de superalo. Xa son 210 as adopcións de cans e cadelas acadadas desde as instalacións da Armenteira desde o 1 de xaneiro, unha das últimas a de “Cástor”, un dos animais que máis tempo levaba no centro, concretamente desde o ano 2019.
Analizar as oportunidades de negocio que poden ofrecer os contornos rurais, non só con actividades tradicionais senón coas derivadas das novas necesidades e demandas vencelladas á sustentabilidade, a calidade de vida ou o repoboamento, é o obxectivo do webinario que organizan os viveiros de empresas de Barro e Lalín da Deputación de Pontevedra e a Fundación Incyde, e que se celebrará en streaming o vindeiro 21 de abril, ás 18.30 horas.
A Xunta de Galicia publicará neste 2021 unha oferta de emprego público cun total de 1.604 prazas no ensino, das que máis do 85% –en concreto 1.372 prazas– serán de novo ingreso. Así llo transmitiu o director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez Bértolo, ás organizacións sindicais na Mesa Sectorial Docente non Universitaria.
A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a convocatoria para solicitar as axudas do Bono Enerxía Peme e Comercio, que ten como obxectivo axudar a pemes e autónomos dos sectores máis afectados pola pandemia a renovar as súas instalacións enerxéticas.
Unha trintena de espectáculos producidos en temporadas anteriores están xa a ter unha nova vida grazas a diferentes proxectos para a súa recuperación, que contan co apoio da Xunta a través da liña extraordinaria de subvencións ao impulso do sector escénico galego.
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade vén de convocar os premios extraordinarios de Formación Profesional de Grao Superior correspondentes ao curso 2019/2020 para o alumnado que rematou os seus estudos no ano 2020.
A Deputación de Pontevedra vén de lanzar a quinta edición dos cursos de español para persoas inmigrantes, a iniciativa coa que a institución provincial apoia á poboación non hispanofalante a preparar e superar a proba DELE A2 (Diploma de Español Como Lingua Estranxeira), indispensable para que poidan logo solicitar a nacionalidade española.
A Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, vén de lanzar un novo aviso fitosanitario no que recomenda a aplicación dun tratamento preventivo nas viñas contra o mildio, ante as condicións meteorolóxicas previstas para as vindeiras xornadas.
A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta próxima semana cinco novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións versan sobre como emitir un evento en liña de xeito profesional –divido en dúas xornadas–, como mellorala presenza promocionando as entradas do teu blog, como mellorar a sustentabilidade dun establecemento turístico e de como crear unha páxina profesional
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.