Luns, 7 Xullo de 2025

É Noticia

Lete enxalza a “fortaleza e capacidade de superación” dos 21 deportistas preseleccionados galegos no equipo paralímpico español para Toquio

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou na presentación dos vinte e un deportistas galegos preseleccionados no equipo español de cara aos Xogos Paralímpicos de Toquio que terán lugar entre o 24 de agosto e o 5 de setembro.

Gonzalo Caballero propon a equiparación de horarios de peche de bares e restaurantes segundo “o modelo asturiano”

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, destacou dende Fitur a “potencialidade turística inmensa” que ten Galicia “na natureza, na cultura, na historia, no patrimonio, na Galicia interior, na Galicia atlántica, na Galicia urbana, na Galicia rural...”, e subliñou que cómpre “aproveitar esta potencialidade para a reactivación económica e social do país despois dunha crise de tanta intensidade”.

A Deputación sorprende en FITUR coa campaña ‘É o teu momento’

A chamada da Deputación de Pontevedra a viaxar ás Rías Baixas–Pontevedra Provincia emocionou esta mañá en FITUR 2021 ás e os asistentes ao lanzamento da campaña 'É o teu momento'. A institución provincial sorprendeu cunha atractiva presentación na que estreou o vídeo oficial da campaña, protagonizado pola artista Wöyza, e na que tivo un especial protagonismo o sector turístico do destino, que demostrou unha gran fortaleza e responsabilidade en tempos moi difíciles.

A Xunta activa vinte campamentos e campos de voluntariado na provincia de Pontevedra

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social, vén de activar unha vintena de campamentos e campos de voluntariado na provincia de Pontevedra no marco da campaña xuvenil de verán 2021.

“Cabo” atopa un novo fogar tras recuperarse no CAAN da Deputación logo de ser rescatado

O Centro de Acollida e Protección de Animais (CAAN) da Deputación de Pontevedra suma unha nova historia con final feliz. É a de “Cabo”, un can de 11 anos de idade que despois de ter sido rescatado hai dous meses dun acantilado en Sanxenxo e da súa posterior recuperación nas instalacións da Armenteira, encontrou un novo fogar da man de Miguel Fernández.

SmartPeme pon en marcha esta semana outros catro obradoiros online

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta semana catro novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática.

A Deputación recibe novos fondos europeos para a mellora da eficiencia enerxética doutros cinco concellos da provincia

A Deputación de Pontevedra vén recibir unha nova achega do IDAE para a mellora e eficiencia enerxética en outros cinco concellos da provincia. Trátase dunha partida de 769.000 euros coa que os concellos da Lama, Marín, Meaño, Meis e Mondariz-Balneario conseguirán un aforro enerxético estimado do 77 %.

Arbo, entre os concellos que reciben novas achegas do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra

A Xunta de Goberno da Deputación vén de aprobar un novo investimento por preto de medio millón de euros (486.654 €) no marco da Liña 1 do Plan Concellos 2021, co que os municipios de Arbo, Cambados, A Illa de Arousa e Forcarei poderán financiar a mellora da infraestrutura viaria e de equipamentos municipais.

A Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal vai desenvolver 1103 proxectos de innovación

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou nun brokerage tecnolóxico enmarcado na Estratexia de Especialización Intelixente da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal (RIS3T), a primeira RIS transfronteriza da Unión Europea.

ReacPon, 47,2 millóns de euros para o maior plan de investimento público na historia da Deputación de Pontevedra

Cun orzamento de 47,2 millóns de euros a Deputación de Pontevedra pon en marcha 'ReacPon', Reacción Pontevedra Provincia, o plan de investimento público más ambicioso da historia da institución, destinado a impulsar a economía da provincia co obxectivo de xerar actividade e crear ou manter o emprego. Esta potente inxección de recursos súmase aos 168 millóns do orzamento para o 2021 e vai dirixida á transformación do territorio para paliar as consecuencias da Covid-19.

Areeiro aconsella revisar as viñas e renovar o tratamento contra o mildio se aparecen novos síntomas

A Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, lanzou un novo aviso fitosanitario no que recomenda revisar as viñas para loitar contra o mildio aínda que se poida supor que se atopen protexidas por unha intervención anterior.

A Deputación volverá a sorprender en Fitur baixo o lema “É o teu momento”

Agora si. Despois da traxedia da pandemia e dos enormes danos que no último ano e medio causou ao sector do turismo, agora chegou o momento para invitar directamente a viaxar de novo á provincia de Pontevedra.