8.9 C
Pontevedra
Venres, 29 de Marzo de 2024
Máis
    HomeÉ NoticiaSmartPeme pon en marcha esta semana outros catro obradoiros online

    SmartPeme pon en marcha esta semana outros catro obradoiros online

    Ata o 20 de maio o programa de asesoramento tecnolóxico oferta cursos sobre Pinterest, as estratexias de marketing por correo electrónico, como debuxar con Onshape ou como vender por Internet con Woocommerce

    A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta semana catro novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións versan sobre como utilizar Pinterest para impulsar o teu negocio turístico, como deseñar un lead magnet para aumentar os seguidores por correo electrónico, como debuxar con Onshape ou como manexarse con Woocommerce, una solución para vender a través de Internet.

    En concreto, hoxe martes 18 impartirase o obradoiro “Como utilizar Pinterest para impulsar o teu negocio turístico”, a cargo de Mariana Rosa, Graduada en Turismo, quen falará da utilidade desta ferramenta onde as imaxes son as protagonistas.

    O mércores 19, Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas, impartirá “Infoprodutos II: deseña un lead magnet para aumentar os teus subscritores”, obradoiro que plantexará a importancia de crear una boa base de datos para obter o maior éxito na nosa estratexia de marketing a través do correo electrónico

    Para finalizar a semana, o xoves 20, será a quenda de “Debuxo con Onshape, PartStudio I a cargo Manuel Freire, experto universitario en Robótica e Impresión 3D, quen falará da facilidade de utilización deste software de debuxo. Por último e no mesmo día, María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas, impartirá o obradoiro Woocommerce: a solución que buscabas para vender por Internet I”, unha ferramenta moi sinxela que permite a montaxe dunha tenda online xunto con un pequeno catálogo de produtos.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.