8.7 C
Pontevedra
Martes, 23 de Abril de 2024
Máis
    HomeÉ NoticiaA Deputación recibe novos fondos europeos para a mellora da eficiencia enerxética...

    A Deputación recibe novos fondos europeos para a mellora da eficiencia enerxética doutros cinco concellos da provincia

    O IDAE achega á Deputación case 800.000 € para renovar esta vez o alumeado da Lama, Marín, Meaño, Meis e Mondariz-Balneario e acadar un aforro enerxético do 77 %

    A Deputación de Pontevedra vén recibir unha nova achega do IDAE para a mellora e eficiencia enerxética en outros cinco concellos da provincia. Trátase dunha partida de 769.000 euros coa que os concellos da Lama, Marín, Meaño, Meis e Mondariz-Balneario conseguirán un aforro enerxético estimado do 77 %.

    Máis polo miúdo, grazas a estes recursos A Lama (114.733 euros), Marín (195.928 euros), Mondariz-Balneario (130.568 euros), Meaño (168.195 euros) e Meis (159.570 euros) verán renovado o seu alumeado exterior mediante a substitución de 1.674 luminarias das máis de 13.400 existentes. Ademais, estes concellos contarán con 48 novas unidades con tecnoloxía LED, máis respectuosa co medio ambiente, que disporán dun sistema que axusta o nivel de iluminación en consonancia cos diferentes horarios e tipos de vías. Doutra banda, tamén se substituirán 44 dos case 400 cadros de mando existentes.

    Con esta inversión, a Deputación de Pontevedra segue a apostar por unha enerxía non contaminante en liña co seu compromiso cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. Compre lembrar que hai menos dun mes o ente provincial anunciou unha achega do IDAE de case 745.000 euros para estender a iluminación exterior sostible e eficiencia enerxética aos concellos de Portas, Valga, Vilanova e Vilagarcía de Arousa.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.