“A sociedade no seu conxunto –asegurou a presidenta Carmela Silva– ten que estar moi preocupada polo que está a acontecer coas carreiras STEAM e coas decisións das mozas na elección de carreiras universitarias que van determinar cal vai ser a súa posición no mundo”. Para reverter esta situación e potenciar as vocacións científicas e tecnolóxicas entre as nenas xurdiu o “transformador” Inspira STEAM, un programa que a Deputación de Pontevedra e a Universidade de Vigo impulsan dende o 2018
As rutas guiadas polos “Bosques Terapéuticos” da provincia, que organiza a Deputación de Pontevedra, volven con forza esta vindeira fin de semana e coa mesma excepcional acollida que na súa primeira edición.
A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, recibiu esta mañá a xogadora de squash Marta Domínguez e ao seu adestrador, Miguel Novegil, para felicitala pola súa recente vitoria no campionato de España de squash, na categoría absoluta.
A voceira de Orzamentos do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, vén de pedir “iniciar o debate” sobre un II Pacto Local de Galicia no seo da Comisión Galega de Cooperación Local, xa que “o PP ten que decidir se é un partido municipalista ou se prefire o dedado e o reparto discrecional”. Fíxoo, onte, no Pleno do Parlamento trala presentación dunha proposición non de lei neste senso, que será votada na sesión de mañá polos grupos da Cámara.
O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19, vén de acordar na súa xuntanza desta tarde o nivel medio de restricións para os concellos de Mos, Oroso, Soutomaior, Viveiro e Xove.
O ORAL, servizo da Deputación que xestiona desconcentradamente a xestión tributaria de 54 dos 61 concellos da provincia, pechou o exercicio 2020 cun índice de recadación voluntaria dun 85,8 % sobre os padróns dos impostos e taxas, segundo se recolle na Memoria anual que foi presentada polo deputado de Economía e Facenda, Carlos Font durante a inauguración do novo local de atención ao público en Pontevedra, situado na rúa de Manuel Palacio, 14.
A Deputación vai facer oficial mañá no Boletín da Provincia as bases da nova liña de subvencións para poñer en valor o patrimonio marítimo fluvial da provincia. Con estas axudas, que teñen unha partida de 150.000 euros, a deputada de Patrimonio María Ortega pretende fomentar a recuperacións de bens de interese do patrimonio marítimo fluvial da provincia, “que conta cunha grande riqueza e singularidade que é preciso preservar e difundir”.
O audiovisual turístico da Deputación de Pontevedra “Sigue o teu instinto”, peza central da campaña promocional do destino Rías Baixas - Pontevedra Provincia en 2020, continúa o seu paso triunfal polo circuíto de festivais internacionais.
A Xunta publicou onte no Diario Oficial de Galicia (DOG) a oferta de ciclos de Formación Profesional nos réximes ordinario e modular para persoas adultas –presencial e a distancia– para o curso 2021/2022, que recolle 12 ciclos e 346 prazas novas na provincia de Pontevedra.
A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta semana tres novas accións formativas impartidas de xeito online, da carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática.
A prestixiosa médica Jimena Fernández de la Vega, pioneira da xenética en España e nomeada Científica do ano pola Rea Academia Galega de Ciencias, xa dispón desde este domingo dun cultivar de camelia co seu nome no Xardín Co Nome de Muller, que a Deputación de Pontevedra creou en marzo de 2020 para homenaxear e visibilizar a mulleres referentes vinculadas á provincia.
A Deputación de Pontevedra súmase este sábado, 5 de xuño, á celebración do Día Mundial do Medio Ambiente coa posta en marcha de varias das iniciativas que a institución provincial desenvolve no marco deste eido.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.