“Se queremos ser máis competitivas e competitivos e promover a pronta recuperación da actividade turística, e máis neste contexto, precisamos apostar pola dixitalización e as novas tecnoloxías. Non son o futuro senón o presente”. Así o asegurou esta tarde Carmela Silva en Benidorm durante a primeira xornada do Congreso 'Digital Tourist', que se estenderá ata mañá venres para debater sobre a intelixencia artificial como garantía de sustentabilidade turística e a súa utilidade para as Smart Offices
A Deputación de Pontevedra amosou esta mañá o seu enorme pesar polo falecemento de da ex deputada provincial Isaura Abelairas, “feminista desde sempre, cun constante activismo e compromiso na loita pola defenda dos dereitos das mulleres e cunha longa traxectoria no municipalismo” como así a cualificou a presidenta provincial.
A Escola de Cantería ten aberto ata o 12 de setembro o prazo de preinscrición para formarse nun dos oficios máis antigos de Galicia. O centro da Deputación de Pontevedra volve ofertar para o curso 2021-2022 as titulacións de canteira/o e mestra/e canteira no seu afán por estimular a vocación artística e conservar e promover o patrimonio da arquitectura tradicional.
A Consellería de Cultura, Educación, Universidade e Universidade vén de convocar as axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo (FCT), incluído o alumnado que cursa a modalidade de FP Dual, ao que se destina un orzamento de 800.000 euros.
Coa mellora da situación sanitaria, a Escola de Letras da Deputación de Pontevedra e a Editorial Galaxia retoma este mércores a súa actividade presencial, despois de que os primeiros obradoiros deste ano, a cargo de Inma López Silva, tiveran que desenvolverse de xeito telemático.
Conseguir que o Río Miño sexa coñecido como un ‘destino TOP’ de natureza e patrimonio entre as persoas viaxeiras. Ese é o obxectivo da ‘famtrip’ organizada polo AECT Río Miño e na que durante esta semana participarán representantes de maioristas, axencias de viaxes, ‘influencers’ e bloggers especializadas na promoción turística.
odo listo para a celebración durante esta fin de semana da quinta edición da Epic Race, a proba afeccionada de bicicleta todo terreo que, ao chegar a esta quinta edición, tense convertido xa non só nunha referencia deportiva, senón nun escaparate turístico da provincia de Pontevedra. A presidenta da Deputación, Carmela Silva, presentou hoxe o evento acompañada de Josevi Cimadevila, director da empresa organizadora (Global DXT) e os alcaldes de Moraña, José Cela; Portas, Ricardo Martínez, e Mondariz, Xosé Emilio Barros; así como os concelleiros de Pontevedra, Marcos Rey, e da Lama, Daniel Vidal.
Zona Franca de Vigo abriu as portas de Porto do Molle (Nigrán) nunha xornada na que mostrou os resultados do proxecto ambiental europeo 'Run4 Life', para transformar as augas negras (augas dos inodoros) en fertilizantes de baixo impacto.
A Deputación de Pontevedra vén de dar “o pistoletazo de saída ao ReacPon concellos que con 20 millóns de € vai permitir transformar os municipios de menos de 50.000 habitantes da provincia”. Así o destacaron a presidenta provincial Carmela Silva e o vicepresidente César Mosquera trala reunión con “presenza masiva” de alcaldesas e alcaldes, concelleiras e concelleiros, para dar a coñecer as bases e liñas de actuación do máis ambicioso programa de investimento público da historia da institución a fin de enfrontar a reacción nun escenario post covid.
A Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, lanzou un novo aviso fitosanitario no que segue a recomendar a revisión das viñas fronte ao mildio.
O Pleno da Deputación de Pontevedra vén de dar luz verde a ReacPon, Reacción Pontevedra Provincia, dotado cun orzamento de 47,2 millóns de euros, que vén de converterse, tal e como o cualificou o portavoz Carlos Font, “no maior plan de inversión pública da historia da institución”. ReacPon, que será presentado o vindeiro luns aos 59 concellos da provincia nunha reunión á que teñen sido convocadas/os todas as súas alcaldesas e alcaldes, está dirixido a impulsar a economía da provincia xerando actividade e creando ou mantendo o emprego para paliar as consecuencias da covid-19.
O Centro de Acollida e Protección de Animais (CAAN) da Deputación de Pontevedra é xa, como destacou hoxe Carmela Silva, “unha referencia a nivel do Estado en benestar animal, que é a súa sinal de identidade”. A presidenta provincial visitou hoxe o centro para coñecer o novo equipo de radiodiagnóstico veterinario “moi moderno e sostible” co que a institución acaba de dotar ao centro, que se converte, como subliñou a presidenta, “no único que ten un equipamento tan avanzado”.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.