Luns, 7 Xullo de 2025

É Noticia

O PSOE reclama á Xunta aumentar o persoal de dependencia “para resolver unhas esperas desorbitadas”

A voceira de Política Social do Grupo Socialista, Marina Ortega, vén de reclamar á Xunta que aumente o persoal dos equipos de dependencia como “a mellor fórmula para resolver unhas esperas desorbitadas”. A modo de exemplo, a deputada socialista sinalou que Galicia “duplica” o tope fixado por lei para resolver un expediente de dependencia, que é de 180 días, chegando a necesitar ata 371 días para dar resposta.

Areeiro aconsella aplicar un novo tratamento contra o mildio nas viñas

A Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, acaba de lanzar un novo aviso fitosanitario no que volve recomendar ás persoas viticultoras a aplicación de tratamentos en canto a situación meteorolóxica se estabilice ante o alto risco de propagación do mildio.

O programa da Deputación “Voando nas Rías Baixas comeza este domingo

Volven as rutas ornitolóxicas que promove a Deputación de Pontevedra. A cuarta edición do programa “Voando nas Rías Baixas”, que a institución provincial desenvolve xunto con SEO Birdlife para dar a coñecer a riqueza ornitolóxica da provincia e concienciar sobre a preservación de espazos naturais protexidos.

Novas prazas para desfrutar dos “Bosques Terapéuticos” da Deputación

Con todas as prazas esgotadas, os esperados baños de bosques da Deputación de Pontevedra chegan este sábado ao Espazo Natural Arco da Vella en Vigo cunha espectacular ruta que discorrerá á beira do río Eifonso, situado na parroquia de Bembrive.

A Deputación celebrará o 21 de xuño o Día Europeo da Música cun concerto ao aire

No marco da súa programación “Aviventa Cultura”, a Deputación vai celebrar o vindeiro 21 de xuño o Día Europeo da Música cun concerto ao aire libre no exterior da sede provincial na rúa Chao de Vigo.

A Xunta destina 31 M€ á vialidade invernal e á conservación da rede de estradas autonómicas en Pontevedra nos vindeiros catro anos

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, vai destinar máis de 31 millóns de euros ás accións de conservación ordinaria e vialidade invernal da rede de estradas autonómicas da provincia de Pontevedra durante os vindeiros catro anos.

Areeiro reitera a necesidade de revisar as viñas para comprobar o estado do mildio

A Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, lanza un novo aviso fitosanitario no que volve a facer fincapé na necesidade de revisar as viñas o máis a miúdo posible en busca de mildio, sobre todo ante os pronósticos meteorolóxicos que presaxian tormentas e precipitacións.

SmartPeme pon en marcha esta semana catro novos obradoiros online

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta semana catro novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática.

Galicia entrega lectores oculares para pacientes con trastornos neuromotores graves

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, trasladou ao Parlamento de Galicia os últimos avances acadados na comunidade galega, no referente aos coidados das persoas que sofren Esclerose lateral amiotrófica (ELA), destacando a entrega de lectores oculares para pacientes con trastornos neuromotores graves.

O Pazo Provincial da Deputación tínguese de turquesa con motivo do do Día da Lingua de Signos

A Deputación de Pontevedra iluminará de turquesa o seu Pazo Provincial desde a noite deste venres ata o próximo luns, 14 de xuño, ao abeiro da conmemoración do Día da Lingua dos Signos.

Os protocolos para os espectáculos ao aire libre actualízanse en base co diálogo co sector e á boa evolución epidemiolóxica

Os protocolos para a celebración de espectáculos ao aire libre, avanzados pola Xunta de Galicia hai unhas semanas, veñen de ser actualizados en vistas á positiva evolución epidemiolóxica e froito do diálogo co sector. Os conselleiros de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, e de Sanidade, Julio García Comesaña, xunto co director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e representantes do sector cultural, presentaron onte as principais novidades que permitirán que eventos como concertos, festivais ou verbenas volvan celebrarse coas máximas garantías sanitarias.

O río Miño, un dos dez destinos turísticos de Portugal favoritos das e dos lectores de ‘The Guardian’

O Río Miño e a súa contorna vén de ser elixido na edición internacional do xornal The Guardian como un dos dez mellores destinos turísticos dentro de Portugal polas características dos seus espazos naturais, os deportes de aventura, sendas e ecovías, zonas de campismo, as súas augas termais e a súa gastronomía.