23 C
Pontevedra
Sábado, 20 de Abril de 2024
Máis
    HomeÉ NoticiaSmartPeme pon en marcha esta semana catro novos obradoiros online

    SmartPeme pon en marcha esta semana catro novos obradoiros online

    Ata o 17 de xuño o programa de asesoramento tecnolóxico oferta cursos sobre como crear anucnios en Airbnb, unha tenda en liña ou como debuxar con Onshape

    A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta semana catro novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións versan sobre como crear anuncios de aloxamentos en Airbnb, com crear unha tenda en liña con Prestashop e como debuxar con Onshape.

    En concreto, este martes 15 impartirase o obradoiro “Como crear anuncios de aloxamentos en Airbnb”, estarán a cargo de Carla Moreno, unha das market manager dos aloxamentos Airbnb en España e Portugal, quen falará de cara ás empresas, emprendedores e autónomos do sector turístico, e lles contará as tendencias de viaxe globais e locais.

    O mércores 16, seguindo o fío condutor do obradoiro anterior, Federica Petruccio, falará de “Como crear anuncios de experiencias en Airbnb”, obradoiro orientado ás empresas do sector turístico e recreativo. Xa pola tarde, Guillermo Nass, Deseñador Gráfico Publicitario, impartirá “Crea a túa tenda en liña con Prestashop I: E-Commerce e tenda en liña”, onde desvelará as posibilidades desta ferramenta de xestión de contidos para o comercio electrónico, Pymes e grandes corporacións. Para finalizar a semana, o xoves 17, será a quenda de “Debuxo con Onshape, PartSudio V” a cargo Manuel Freire, experto universitario en Robótica e Impresión 3D, quen falará da potencialidade desta ferramenta como ven facendo en anteriores obradoiros.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.