15.5 C
Pontevedra
Luns, 29 de Abril de 2024
Máis
    HomeÉ NoticiaA Deputación celebrará o 21 de xuño o Día Europeo da Música...

    A Deputación celebrará o 21 de xuño o Día Europeo da Música cun concerto ao aire

    O exterior da sede da rúa Chao acollerá a actuación do grupo The Mirror Music e será necesario reservar a entrada no correo participa.cultura@depo.gal

    No marco da súa programación “Aviventa Cultura”, a Deputación vai celebrar o vindeiro 21 de xuño o Día Europeo da Música cun concerto ao aire libre no exterior da sede provincial na rúa Chao de Vigo.

    A institución súmase así a esta celebración na que os e as profesionais da música saen anualmente ás rúas a compartir o seu traballo e máis nun momento como o actual, como sinalou a presidenta, Carmela Silva, no que hai que recoñecer o papel da música durante a pandemia: “Estaremos celebrando a música e celebrando que xa podemos comezar a respirar e sentirnos máis libres. Que mellor que facelo con cultura e con música!”.

    “Se sempre é importante a cultura –subliñou-, particularmente a música nestes momentos que estamos saíndo da pandemia e que temos un certo optimismo, ocupa un espazo aínda máis relevante. Debémoslle que en todas as etapas de confinamento, semiconfinamento, estado de alarma ou de redución de aforos, estivese presente a través das redes sociais. Por iso debémoslle moito á xente da música e queremos celebrala con eles e elas”.

    O concerto está dirixido a todos os públicos, aínda que en especial á mocidade, e comezará  ás 20.00 horas no exterior da sede viguesa, coa participación do grupo vigués de soul, funk e rock “The mirror music” (integrado por Alejandro Vasconcellos, Tania Rodríguez, Óscar Román, Rubén Carrera e Gorio Álvarez).  Debido ás restricións do aforo, para asistir a ambos concertos haberá que reservar praza previamente no enderezo electrónico participa.cultura@depo.gal.

    Ao longo de toda a xornada, a Deputación utilizará nas súas redes sociais os hashtags #brincacoaDepo #aDepobrincacoamúsica para difundir aínda máis esta conmemoración.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.