19.6 C
Pontevedra
Mércores, 7 de Xuño de 2023
Máis
    HomeÉ NoticiaGalicia entrega lectores oculares para pacientes con trastornos neuromotores graves

    Galicia entrega lectores oculares para pacientes con trastornos neuromotores graves

    O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, trasladou ao Parlamento de Galicia os últimos avances acadados na comunidade galega, no referente aos coidados das persoas que sofren Esclerose lateral amiotrófica (ELA), destacando a entrega de lectores oculares para pacientes con trastornos neuromotores graves.

    Sobre este particular, salientou que, tal e como xa anunciara nunha recente reunión coa asociación AGAELA, o SERGAS xa comezou a dispensar lectores oculares, tras entrar en vigor o pasado mes de maio, a instrución para facer efectivas as prestacións a pacientes de ELA e outros trastornos neuromotores.

    Durante súa resposta, o titular de Sanidade remarcou que o traballo desenvolto en Galicia pola Administración autonómica, en colaboración con entidades como a Fundación Francisco Luzón e a Asociación AGAELA, permitiu que se aprobara hai xa dous anos, o denominado Proceso Asistencial Integrado (PAI), unha folla de ruta específica deseñada para abordar de xeito integral os coidados das persoas afectadas pola ELA.

    Na confección deste Proceso Asistencial, incluíronse un conxunto de obxectivos que na actualidade xa se cumpriron. Entre os mesmos, destaca o establecemento dunha vía clínica en cada área sanitaria para a esclerose lateral amiotrófica. Unha medida coa que se garante a primeria consulta nos servizos de Neuroloxía en menos de 15 días, e coa que se reduce en 45 xornadas o prazo recomendado polo Ministerio de Sanidade.

    Así mesmo, o PAI recolle os tempos máximos recomendados para a realización de probas diagnósticas en relación coa ELA; a adxudicación dunha tarxeta sanitaria AA -atención preferente- para as persoas con ELA ou o establecemento de consultas  hospitalarias de acto único para os pacientes.

    O responsable do departamento sanitario da Xunta tamén lembrou que Galicia foi a primeira comunidade autónoma en toda España en incorporar os lectores oculares aos servizos de Neuroloxía dos nosos hospitais co fin de garantir a autonomía persoal dos pacientes mellorando a súa comunicación

    García Comesaña subliñou que “seguiremos traballando co fin de garantirlle unha mellor atención sanitaria e unha mellora na calidade de vida aos pacientes que sofren esta enfermidade e ás súas familias”, apuntando asemade que  “a nosa comunidade está identificada como unha das tres de toda España nas que se conta cun mellor modelo de atención”, segundo á Fundación Francisco Luzón.

    Na procura de pór tódolos medios dispoñibles a disposición dos doentes de ELA, engadiu o conselleiro, “o Sergas conta con tres unidades específicas de ELA -no CHUAC, no CHUS e no Hospital Álvaro Cunqueiro-, dispoñendo ademais as restantes áreas sanitarias, de consultas específicas para ELA”.

    Así mesmo, apuntou que o sistema sanitario galego conta con equipos que prestan atención psicolóxica específica para esta doenza nas diferentes áreas sanitarias, así como un protocolo de coordinación cos servizos sociais e as asociacións de pacientes.

    García Comesaña, pechou a súa intervención salientando que, “desde a posta en marcha do PAI, estableceuse un grupo de investigación en ELA no Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS)”, un dos equipos de profesionais máis numeroso de España, na procura de atopar novos avances para combater esta enfemidade.

    COLABORACIÓNS

    Pilar Pallarés, «Unha boa gatucada!»

    A primeira incursión de Pilar Pallarés na literatura infantil e xuvenil resultou ser unha grata sorpresa, unha colección de poemas (en realidade un longo poema narrativo fragmentado), que ten como protagonistas un grupo de gatos que conviven cunha humana.

    Aperitivos de hojaldre sin gluten

    Mayo es el mes de las personas celíacas. El día 16 se celebró el Día Internacional de la Enfermedad Celíaca y hasta este año, el 27 de mayo se celebraba en España el Día Nacional (este año nos unimos al resto de los países y lo celebramos el día 16).

    Ponteareas diante das eleccións (II): a Xeración do cambio, un recordo para que a Historia non se repita

    “De onde vimos? quen somos? onde imos?”. O título do cadro de Paul Gauguin e a letra da coñecida canción de Siniestro Total son interrogantes filosóficos que, aplicados ao mundano proceso electoral no que estamos inmersos, serven para lembrarnos que os procesos histórico-políticos son dinámicos e, polo tanto, teñen unha xénese no pasado que explica un presente que, á súa vez, condicionará o futuro decorrer dos acontecementos. A recente historia de Ponteareas non é unha excepción e, a poucos días das eleccións municipais, convén lembrala para non estar condenados a repetila.

    Ponteareas diante das eleccións (I): David contra Goliat e a utopía feita realidade

    Botando unha ollada atrás un non pode deixar de sorprenderse da rapidez coa que transcorre o tempo e a vida. Unha velocidade vertixinosa que tamén acompaña aos acontecementos e procesos sociais e políticos e que explica a facilidade coa que a sociedade pode esquecer tan axiña o seu pasado e, sobre todo, en política, ignorar de onde vimos, onde estamos e cara onde nos diriximos. Esquecemento dos que viviron eses procesos, mais tamén descoñecemento comprensíbel por razóns biolóxicas e xeracionais dos que daquela non naceran ou eran uns cativos.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    84 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS