Luns, 7 Xullo de 2025

É Noticia

A Deputación e o Consello Regulador do Mexillón traballan para modernizar o sector

A presidenta da Deputación Carmela Silva vén de recibir á presidenta do Consello Regulador do Mexillón de Galicia, Lina Solla, no marco dun primeiro encontro de traballo para estudar vías de colaboración que impulsen e modernicen un sector “onde somos os e as mellores do mundo”.

O Sergas incorporará 48 novos ecógrafos

A Xunta de Galicia vén de publicar, na plataforma de contratos públicos de Galicia, despois da autorización do Consello da Xunta, a licitación da subministración de 48 ecógrafos con destino aos Servizos de Radiodiagnóstico de diversos centros sanitarios do Sergas.

Aberto o prazo de inscrición para novas actividades de “Aviventa o Deporte”

O mes de agosto trae consigo novas actividades deportivas do programa provincial “Aviventa o Deporte”. A Deputación abre hoxe o prazo de inscrición para unha nova DepoAndaina que o día 22 percorrerá a senda do río Tea, en Mondariz.

Carmela Silva destaca o papel da mocidade contra o cambio climático

A denuncia sobre os danos aos nosos recursos naturais, a lección da traxedia da pandemia da Covid que debe de servir de aprendizaxe, e a concienciación do impacto da contaminación no planeta con novos formatos e en clave de rap.

‘Mulleres. Entre Renoir e Sorolla’, nova exposición no Museo de Pontevedra

‘Mulleres. Entre Renoir e Sorolla’ é o título da exposición que abrirá o xoves o Museo de Pontevedra co fin de amosar a representación do universo feminino, tanto nas súas formas máis tradicionais coma nos novos territorios que a muller comeza paulatinamente a conquistar, no cambio do século XIX ao XX.

Carmela Silva invita a Feijóo a que “por unha vez goberne para todas as galegas e galegos”

A Deputación de Pontevedra chegará “ata onde teña que chegar” para defender ao mundo local contra “o atraco” que pretende perpetrar a Xunta de Galicia co anteproxecto da 'Lei para a mellora da xestión do ciclo integral da Auga de Galicia' que trata de obrigar aos concellos e deputacións a asumir dous terzos dos custes das grandes infraestruturas hidráulicas en materia de saneamento e abastecemento “en alta”.

“Aquí e agora” é a nova campaña da Deputación para apoiar ao comercio local

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, presentou hoxe a nova campaña coa que a institución provincial volve amosar unha vez máis o seu constante apoio aos comercios locais e de proximidade, especialmente nuns tempos tan duros para o sector.

A Deputación destaca o protagonismo dos concellos na pegada histórica do Camiño de Santiago

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, incidiu no papel fundamental dos concellos e do mundo local na pegada histórica e a repercusión que acadou o Camiño de Santiago, ao manifestar que “fixeron dos Camiños un sinal de identidade, xunto a outros, e é preciso valorizar todo o que achegan”.

O Reina Sofía exhibe dúas obras do galego Uxío Souto cedidas polo Museo de Pontevedra

O Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía exhibe desde hoxe dúas obras do artista galego Uxío Souto que lle foron cedidas temporalmente polo Museo de Pontevedra para formar parte da súa nova sección ‘Pensamiento perdido: Autarquía y Exilio’

A Deputación remata as obras no Castelo de Soutomaior

A Deputación de Pontevedra vén de rematar as obras de conservación na cuberta e a fachada do Castelo de Soutomaior, que permitiron solucionar os problemas de filtracións de augas que se viñan producindo nos encontros da fachada cos petos e as ameas pero que, sobre todo, supoñen todo un avance nos criterios de sustentabilidade e eficiencia enerxética.

Deputación e Odega dan un novo paso adiante na procura dunha economía circular na provincia

Na liña do compromiso co medio ambiente e o respecto á sustentabilidade en todos os eidos do desenrolo económico e social da provincia, a Deputación de Pontevedra ven de asinar un novo convenio con ODEGA, a Asociación de Desenvolvemento Rural, para poñer en marcha un programa divulgativo sobre o fomento do bo manexo e xestión dos plásticos de uso agrícola na provincia.

Novas bonificacións na AP-9 para os usuarios do telepeaxe

A ministra de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana, Raquel Sánchez detallou hoxe o novo esquema de bonificacións na autoestrada AP-9, o maior da historia, que onte anunciou o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, na súa visita a Galicia.