Martes, 8 Xullo de 2025

É Noticia

A Escola de Igualdade María Vinyals promove un curso on line sobre “Debates Teóricos e Axenda Política Feminista”

A Escola de Igualdade María Vinyals da Deputación de Pontevedra impartirá desde o vindeiro 21 de outubro e ata o 9 de decembro o curso on line “Debates Teóricos e Axenda Política Feminista”.

A Deputación aproba unha segunda convocaroria das bolsas para deportistas “Depo_Dan” e “Depo_Promesa”

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra deu luz verde á segunda convocatoria das bolsas “Depo_Dan” e “Depo_Promesa”, dotada de 51.000 euros, á que poden optar as e os deportistas de alto nivel e promesa destas marcas provinciais que non accederon a unha das bolsas no 2021.

Aberto o prazo de inscrición para unha nova quenda das rutas ornitolóxicas “Voando nas Rías Baixas”

A Deputación de Pontevedra abre hoxe luns, 11 de outubro, o prazo de inscrición para a terceira das rutas ornitolóxicas programadas dentro da cuarta edición da iniciativa “Voando nas Rías Baixas”, organizada pola institución provincial en colaboración con SEO Birdlife.

SmartPeme pon en marcha esta semana catro novos obradoiros online

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta próxima semana catro novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática.

A Deputación lanza o concurso “Lebres como Gacelas” en homenaxe a Xela Arias

De xeito paralelo e complementario á exposición “Lebres como Gacelas”, inspirada na obra de Xela Arias que ata o 28 de novembro se pode ver na sede provincial en Vigo, a Deputación vén de lanzar o concurso escolar do mesmo título entre o alumnado de Secundaria da provincia.

A Deputación subvenciona a máis dun cento de entidades sociais da provincia

A Deputación de Pontevedra volveu a aprobar en Xunta de Goberno novos recursos dirixidos a “promover a igualdade de oportunidades e garantir os dereitos das persoas máis vulnerables”.

Benítez chama aos concellos “á acción” para recuperar o espazo pública

O deputado de Mobilidade Uxío Benítez participou en Carballo no Encontro da Rede de Cidades que Camiñan como representante da única Deputación convidada para explicar o ‘modelo Ágora’.

Jimena Fernández de la Vega cunha camelia na súa honra no Parque das Ciencias de Santiago

A pioneira da Xenética Médica en España, Jimena Fernández de la Vega, tivo onte o seu xusto e merecido recoñecemento co homenaxe que lle brindou a RACG no Día da Ciencia en Galicia que se celebrou en Santiago.

A Escola María Vinyals reabre as súas portas co I Encontro Nacional sobre Políticas Públicas de Igualdade

A Escola de Igualdade María Vinyals da Deputación de Pontevedra retomará por todo o alto a súa actividade presencial tras ano e medio de pandemia coa celebración a vindeira semana do I Encontro Nacional sobre Políticas Públicas de Igualdade que terá lugar no Castelo de Soutomaior.

A Federación Española de Loita Feminina recibe os parabéns da Deputación de Pontevedra

As deportistas e técnicas da selección nacional feminina de loitas olímpicas das categorías absoluta, sub 2 e junior foron acollidas esta mañá por Carmela Silva, que se amosou “orgullosísima do deporte da provincia e, particularmente, das mulleres, que son as que nos están a dar os maiores éxitos na provincia, en Galicia, no Estado e na Unión Europea”.

A Deputación lanza unha liña de subvencións de 45.000 euros para proxectos de cooperación en países empobrecidos

A Deputación de Pontevedra vén de convocar unha nova liña de subvencións dedicada aos sectores máis desfavorecidos. Nesta ocasión, as axudas están destinadas ás Organizacións Non Gobernamentais de Desenvolvemento (ONGD) da provincia para realizar proxectos de cooperación en países empobrecidos como Mozambique, Bolivia, Nicaragua ou República Dominicana.

A Deputación porá o vindeiro ano 73 millóns a disposición dos concellos nun ‘plan de choque’ para reactivar á provincia

Consolidar a recuperación económica nos concellos da provincia e inxectarlles maiores recursos para que poidan enfrontar o acceso aos fondos europeos, como principal ferramenta da reactivación, son os dous principais obxectivos da decisión da Deputación de Pontevedra que o ano que vén porá á disposición dos municipios 73 millóns de euros co Plan Concellos.