14.7 C
Pontevedra
Mércores, 24 de Abril de 2024
Máis
    HomeÉ NoticiaA Escola de Igualdade María Vinyals promove un curso on line sobre...

    A Escola de Igualdade María Vinyals promove un curso on line sobre “Debates Teóricos e Axenda Política Feminista”

    O seminario desenvolverase do 21 de outubro ao 9 de decembro e estará impartido por prestixiosas docentes universitarias españolas, baixo a dirección de Rosa Cobo

    A Escola de Igualdade María Vinyals da Deputación de Pontevedra impartirá desde o vindeiro 21 de outubro e ata o 9 de decembro o curso on line “Debates Teóricos e Axenda Política Feminista” que, baixo a dirección da profesora e escritora Rosa Cobo, impartirán mulleres referentes a nivel nacional e internacional, a maioría delas docentes universitarias. O seminario desenvolverase nun total de 8 sesións a través da plataforma Zoom e a inscrición xa está aberta e pode facerse a través da web provincial.

    “Imos formar –explicou a presidenta Carmela Silva- sobre os principais debates teóricos desde o pensamento feminista, coa análise dos obxectivos prioritarios da axenda política feminista”. O curso terá lugar nas tardes dos xoves, de 18.30 a 20.30 horas (excepto o xoves 25 de novembro, que pasará a celebrarse o venres 26), e o aforo é limitado a 100 prazas, que se asignarán por orde de inscrición. A institución provincial emitirá diploma acreditativo ás persoas que realicen as 16 horas.

    A actividade arrancará o 21 de outubro con Rosa Cobo, que impartirá a sesión “Feminismo: tradición intelectual e movemento social. Oríxenes do feminismo e desenvolvemento histórico. A cuarta onda feminista e o seu corpo vindicativo”. O día 28 será Carmen Ruíz Repullo, da Universidade Pablo Olavide Sevilla, quen falará de “Debates feministas en torno á violencia sexual”, mentres que o 4 de novembro Beatriz Ranea, da Universidade Complutense de Madrid e Lydia Delicado, da Universidade de Alicante, falarán sobre “O imaxinario pornográfico e o dominio masculino”.

    As sesións continuarán o 11 de novembro coa charla “A prostitución na intersección de tres sistemas de poder: patriarcado, raza e clase. Debates abolicionistas”, a cargo de  Rosa Cobo; o 18 novembro con “Ventres de aluguer: explotación reprodutiva e feminización da pobreza”, a cargo de Laura Nuño, da Universidade Rey Juan Carlos e María Luisa Balaguer, da Universidade de Málaga e maxistrada Tribunal Constitucional e o 26 novembro, coa sesión “Críticas feministas á democracia. Mulleres e poder político. Democracia paritaria”, a cargo de Mar Esquembre, da Universidade de Alacante.

    En decembro, o día 2 Carmen Castro, economista feminista e asesora en Políticas de Igualdade falará sobre “A crítica feminista ao capitalismo neoliberal. A política sexual do novo capitalismo e o curso rematará o 9 decembro coa charla “Orixes e supostos do pensamento queer: o debate sobre o suxeito político do feminismo” que ofrecerá Luisa Posada Kubissa, da Universidade Complutense de Madrid.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.