Carmela Silva presentou hoxe no Pazo Provincial a nova web institucional da Deputación de Pontevedra, que cumpre cos máis innovadores estándares de accesibilidade e afonda na aposta da institución pola “máxima transparencia comunicativa e as boas prácticas de xestión. Queremos que as persoas coñezan a que dedicamos os recursos públicos e obteñan información valiosa e actualizada de todo o que se fai”.
A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta semana cinco novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática.
A Deputación lanzou a través de Smartpeme un novo concurso en liña para o Desenvolvemento de Solucións Innovadoras a Retos, co obxectivo de “seguir a impulsar a innovación tecnolóxica e o talento da provincia”.
A Deputación de Pontevedra volve pór en marcha un ano máis, coincidindo coa etapa de floración da camelia, as súas visitas guiadas e as caracterizadas polo xardín de excelencia internacional do Castelo de Soutomaior.
A Feira Internacional do Turismo de Madrid (FITUR), o principal escaparate turístico mundial, foi “un gran éxito para a provincia de Pontevedra, que este ano logrou os mellores resultados”. Así o salientou hoxe a presidenta Carmela Silva.
O Museo de Pontevedra vén de abrir no claustro do Edificio Sarmiento a décimo primeira edición de ‘Camiños’, unha mostra colectiva e multidisciplinar promovida pola Asociación do Camiño Portugués a Santiago que reúne a visión de máis dunha trintena de artistas, creadores de Galicia e Portugal sobre un fenómeno de carácter internacional como é a peregrinación a Santiago de Compostela.
O palpitante corazón da provincia de Pontevedra conquistou á Feira Internacional de Turismo, FITUR, con “Love Rías Baixas”, un relato de amor sorprendente, emocional e vibrante, contado coas vivencias de 9 protagonistas de diferentes países de catro continentes que un día chegaron, namoraron do territorio e decidiron quedarse.
A Deputación de Pontevedra consolidou esta tarde en Fitur a súa decidida aposta polo cinema e o sector audiovisual como factor cultural e de promoción turística coa formalización da adhesión de Pontevedra Provincia Film Commission á Spain Film Commission, a entidade de referencia nacional e internacional destinada a promover o traballo en rede entre institucións políticas, axentes do sector do turismo, do audiovisual e do cultural.
A provincia de Pontevedra foi hoxe a gran protagonista na entrega dos XII Premios Nacionais SICTED ao ser escollida como o mellor destino de calidade turística de toda España.
A Deputación continúa avanzando para a recuperación de todo o tramo vello da estrada provincial EP-5002, na contorna da ponte románica das Achas, no concello da Cañiza. O tramo, de 560 metros, correspóndese co antigo percorrido, pois a Deputación inaugurou a finais de 2016 a variante que enlaza coa EP-5102 incluíndo a construción dun novo viaduto sobre o río Deva, obras que xa supuxeron un investimento de medio millón de euros.
O Servizo Galego de Saúde vén de comunicar aos facultativos do Servizo Galego de Saúde as novidades que está a desenvolver para poder xestionar nun mesmo acto os partes de alta e baixa das incapacidades temporais provocadas polos contaxios da covid-19.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.