Os cursos de español dirixidos a persoas inmigrantes que desenvolve a Deputación para facilitar a súa integración social na provincia e que xa beneficiaron a 29o estudantes chegan neste 2022 a súa sexta edición.
“Voando nas Rías Baixas”, o programa da Deputación en colaboración con Seo BirdLife, segue a colleitar éxitos de participación tras esgotar en tan só media hora as 25 prazas dispoñibles para a próxima ruta ornitolóxica prevista para o domingo 3 de abril polas ribeiras do río Umia, ao seu paso por Cambados e Ribadumia.
Dende as 19.00 horas deste luns, 21 de marzo, e ata as 8.30 da mañá do martes día 22 o Pazo Provincial da Deputación tinguirase de azul e amarelo para conmemorar o Día Mundial da Síndrome de Down.
A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta semana tres novas accións formativas impartidas online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática.
“Temos demostrado unha grande fortaleza para enfrontarnos a retos que nin imaxinábamos”. Con estas palabras, unha emocionada Carmela Silva enxalzou o destino turístico de Rías Baixas na esperada Gala Provincial de Turismo, na gran noite do turismo en Galicia, conducida pola actriz Jazmín Abuín.
Todo está listo para a gran noite do turismo galego. A Gala Provincial de Turismo da Deputación encherá este próximo xoves de cor, son e imaxe o Auditorio Mar de Vigo cun grande espectáculo audiovisual cheo de sorpresas.
Os xardíns da Estación Fitopatolóxica de Areeiro agochan tesouros de gran valor científico, medioambiental e patrimonial dos que centos de persoas desfrutan acotío da man da “Ruta da Ciencia Areeiro”. Tal é o éxito destas visitas impulsadas pola Deputación e que xa realizaron máis de 400 persoas, que as e os deputados provinciais Ana Laura Iglesias, Noemí Outeda, Raquel Giráldez, Manuel González, Gorka Gómez e Gregorio Agís non quixeron perder a ocasión de realizar dunha destas rutas coas que a Estación acadou o certificación Observer como destino de turismo científico.
A Deputación de Pontevedra dará este próximo venres, 18 de marzo, o pistoletazo de saída á exposición itinerante 'Camiños do Sur', que impulsa no marco do proxecto europeo 'Camiños Xacobeos do Oeste Peninsular', para valorizar o patrimonio natural e cultural das vías transfronteirizas que descorren pola provincia cara Compostela, en concreto o Camiño Portugués e o Camiño Portugués pola Costa.
A Deputación de Pontevedra segue a avanzar para retomar dous dos programas sociais con maior participación da cidadanía, “En Ruta coa Depo” e “Depotermal”, que neste 2022 volven despois dun parón de dous anos debido á pandemia.
A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta semana tres novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática.
A Deputación de Pontevedra pon en marcha a nova convocatoria dos Premios Provinciais á Xuventude e o Concurso Reacción polo Clima, que buscan estimular e promover o talento da mocidade da provincia no ámbito sociocultural e amosar as súas reivindicacións no eido da loita contra o cambio climático respectivamente.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.