Venres, 18 Xullo de 2025

É Noticia

O Museo de Pontevedra inaugura a exposición ‘A presenza Invisible. Perfumes Art Nouveau & Art Deco’

O Museo vai inaugurar este xoves ás 19 horas a exposición ‘A presenza Invisible. Perfumes Art Nouveau & Art Deco’ na que se recollen máis de 200 contedores de perfume, caixas de pos de arroz e xabón e, principalmente, de frascos de perfume de cristal e vidro, xunto con algúns exemplos da publicidade do período que abrangue entre finais do século XIX ata ben entrados os anos 40 do século XX.

Areeiro insta a continuar coa vixilancia do mildio

A Estación Fitopatolóxica de Areeiro advertiu nun aviso fitosanitario que é preciso manter a vixilancia do mildio nas vides, aínda que suxire non comezar a aplicar o tratamento.

SmartPeme imparte tres novos obradoiros online esta semana

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta próxima semana tres novas accións formativas impartidas online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática.

A Deputación lanza «Conectadas» con máis de 30 accións formativas gratuítas para entidades que promoven a igualdade

A Deputación de Pontevedra arranca unha nova edición do programa 'Conectadas' despois de dous anos de parón pola pandemia. Deste xeito, a Xunta de Goberno aprobará este venres o expediente para contratar a xestión desta iniciativa, que ofrece ás asociacións, federacións e fundacións que teñen por obxectivo a igualdade un total de 30 accións formativas gratuítas, cun orzamento de preto de 324 000 euros.

A Deputación celebrará este venres o Día das Artes Galegas

A Deputación de Pontevedra vai celebrar por todo o alto este venres, 1 de abril, o Día das Artes Galegas cun encontro pictórico no que escolares de Lalín, Vigo e Pontevedra realizarán no Pazo Provincial a súa propia homenaxe ao artista José Otero Abeledo, Laxeiro.

A Deputación premia o talento do alumnado que participou en “Depoemprende na FP”

“Todos os proxectos son gañadores e extraordinarios porque apostan por un novo mundo no que están presentes valores como o produto de proximidade, respecto ao medio ambiente, sostibilidade ou innovación”.

“As mulleres que opinan” fai memoria da primeira edición do congreso celebrada no 2018

Cun formato de debate ao mellor estilo do foro “As mulleres que opinan son perigosas”, as xornalistas Diana López Varela e Susana Pedreira deron a coñecer onte no Pazo Provincial da Deputación os contidos do libro que fai memoria da primeira edición do congreso celebrada no 2018.

A creación do Anel Verde do Miño será un dos obxectivos estratéxicos para a solicitude de fondos

A creación do Anel Verde do Miño, unha rede de sendeiros que unidos conforman circuíto continuo de 196 quilómetros polas ribeiras do río entre Galicia e Portugal, será un dos obxectivos prioritarios e estratéxicos na solicitude de fondos europeos para o territorio transfronteirizo do Miño no marco financeiro 2021-2027.

Galicia recibirá o luns as primeiras doses do antiviral Paxlovid contra a Covid-19

O vindeiro luns chegará a Galicia, en concreto aos hospitais de Santiago de Compostela, Ferrol e Vigo, para logo enviarse ao resto dos hospitais da comunidade autónoma, a remesa do Ministerio de Sanidade co 6% dos primeiros 11.900 tratamentos do antiviral Paxlovid contra a Covid-19.

Areeiro recomenda iniciar a vixilancia do mildio nas viñas

A Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, acaba de lanzar un aviso fitosanitario no que recomenda ás persoas viticultoras iniciar a vixilancia do mildio, aínda que subliña que co actual estado de desenvolvemento das plantas aínda non é necesario empezar con tratamentos.

A Deputación de Pontevedra súmase este sábado á “Hora do Planeta”

A Deputación de Pontevedra sumarase este sábado 26 de marzo, entre as 20:30 e 21:30 horas, á “Hora do Planeta”, unha acción que naceu fai quince anos promovida pola organización WWF en prol da defensa da natureza e do medio ambiente.

Alomenos o 65 % da provincia disporá de servizo de inspección de residuos para cumprir a nova normativa

Alomenos o 65 % da provincia poderá cumprir coas obrigas da nova normativa de residuos ao dispor dun servizo de inspección e control de residuos. Nestes momentos xa son 22 concellos (con 234.896 habitantes) os que se beneficiarán do corpo provincial de control.