14.6 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis
    HomeÉ NoticiaO Museo de Pontevedra inaugura a exposición ‘A presenza Invisible. Perfumes Art...

    O Museo de Pontevedra inaugura a exposición ‘A presenza Invisible. Perfumes Art Nouveau & Art Deco’

    A mostra permanecerá aberta ata o 12 de xuño no Edificio Castelao

    O Museo vai inaugurar este xoves ás 19 horas a exposición ‘A presenza Invisible. Perfumes Art Nouveau & Art Deco’ na que se recollen máis de 200 contedores de perfume, caixas de pos de arroz e xabón e, principalmente, de frascos de perfume de cristal e vidro, xunto con algúns exemplos da publicidade do período que abrangue entre finais do século XIX ata ben entrados os anos 40 do século XX.

    O título da exposición inspírase na frase de Coco Chanel “non é posible a elegancia sen perfume. É o accesorio invisible, inesquecible” e pretende dar a coñecer a “carta de nobreza” que o perfume obtivo ao longo do século XX co nacemento de grandes casas de perfumes francesas. Por aquel entón os recipientes nos que se gardaban os perfumes foron convertidos en pezas que xa son parte imprescindible da historia das artes decorativas do século XX, moi especialmente os frascos Art Nouveau e Art  Deco que influíron de maneira determinante no éxito da industria do perfume, feitos por grandes artistas, deseñadores e vidreiros.

    A selección de frascos que se vai mostrar en Pontevedra entre este xoves 7 de abril e o 12 de xuño pertence á colección particular do portugués Afonso Oliveira, profesional do mundos dos perfumes de luxo e ex vicepresidente da Asociación Internacional de Frascos de Perfumes, quen atesoura máis de 4200 recipientes históricos de perfume o que fai da súa colección unhas das mellores do mundo no seu campo.

    A mostra está dividida en varios apartados, sendo o primeiro o de ‘Art Nouveau (1890-1910)’, un estilo que abrangueu todos os ámbitos da arte, caracterizada polo emprego de liñas e formas alongadas e trazos ondulantes e asimétricos inspirados na natureza. Ese estilo determinará o deseño dos frascos de perfume, con artistas como René Lalique, Baccarat, Julien Viard ou Émile Gallé dándolle forma en vidro á nova estética, creando pezas que son verdadeiras iconas de arte.

    Existe tamén na exposición un espazo específico para os ‘Frascos de vidro checo’; sobre ‘Coty e Lalique’, dous vidreiros-xoieiros que avanzaron no mundo da perfumería par ao grande público; outra sección para ‘Grandes deseñadores e vidreiros para grandes marcas’, con explicacións sobre Baccarat e Julien Viard; e finalmente, unha última parte sobre ‘Art Déco 1925’.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.