Venres, 18 Xullo de 2025

É Noticia

Esgotadas en dous días as prazas das rutas “Maceiras en flor”

Ao igual que acontecera nas súas pasadas edicións, as rutas ás “Maceiras en flor”, a iniciativa turística experiencial única e que converte a Pontevedra Provincia nun destino singular, veñen referendar a súa gran demanda cun espectacular éxito de participación.

A comunidade educativa galega exemplo de acollida e integración dos máis de 500 nenos ucraínos

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade en funcións, Román Rodríguez, visitou esta mañá o colexio CEIP Paradai, en Lugo, onde están escolarizados tres dos máis de 500 nenos ucraínos desprazados a Galicia por mor da guerra, para compartir co equipo directivo e docente do centro a experiencia na atención a estes alumnos.

SmartPeme comeza maio con cinco novos obradoiros

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta semana cinco novas accións formativas impartidas de xeito onlinee presencial, enmarcadas na súa carteira de obradoiros.

A Deputación lanza a campaña “Na casa non quedo” para promover a vida saudable

A Deputación de Pontevedra anima a toda a poboación da provincia a poñerse do lado dos hábitos de vida saudables coa campaña "Na casa non quedo”, que foi presentada hoxe pola presidenta Carmela Silva.

O Museao presenta unha colección de publicacións “esenciais” sobre os seus fondos más importantes

O Museo de Pontevedra presentou onte unha nova colección de publicacións denominada ‘Esenciais’ que pretende divulgar de maneira amena e alcanzable información sobre os seus fondos e temáticas máis importantes.

“Posto”, o avó do CAAN, atopa un novo fogar despois de catro anos no centro

Unha das saídas máis agardadas no Centro de Acollida e Protección de Animais (CAAN) é por fin unha realidade. “Posto”, o can que máis tempo levaba nas instalacións da Deputación na Armenteira, desfruta xa dun novo fogar tras ser adoptado por unha familia de Cardiff (Gales).

Esta semana SmartPeme ofrece seis novos obradoiros online

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta semana seis novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática.

A Escola de Igualdade María Vinyals abre a programación deste ano

O Pazo Provincial da Deputación será novamente o próximo mércores 27 de abril epicentro da igualdade, da vangarda e do dinamismo do audiovisual galego coa xornada “Produtora executiva e directora, elección ou necesidade?”, organizada en colaboración con AGAPI e enmarcada na Escola de Igualdade María Vinyals.

O turismo na provincia de Pontevedra outra vez récord esta Semana Santa

Esta Semana Santa a afluencia de visitantes e turistas volveu bater récords na provincia de Pontevedra, chegando a rexistrar unha ocupación media do 80% nos establecementos hoteleiros que mesmo superou os rexistros do 2019.

O Museo de Pontevedra constata a recuperación de público trala pandemia

O Museo de Pontevedra vén de constatar a súa recuperación de público e a volta á normalidade trala pandemia con preto de 4.500 visitas durante esta Semana Santa. Novamente márcanse rexistros de récord como aconteceu no primeiro trimestre, sendo as vacacións de 2022 as segundas de maior concorrencia dende 2017.

A Xunta informa ao Ministerio de Sanidade de dous posibles casos de hepatite aguda infantil

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informou ao Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias do Ministerio de Sanidade da detección en Galicia de dous casos de hepatite aguda infantil de orixe descoñecida, que cumpren os criterios de inclusión determinados polo Ministerio.

SmartPeme imparte esta semana cinco obradoiros

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta semana cinco novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática.