8.6 C
Pontevedra
Sábado, 27 de Abril de 2024
Máis
    HomeÉ NoticiaA comunidade educativa galega exemplo de acollida e integración dos máis de...

    A comunidade educativa galega exemplo de acollida e integración dos máis de 500 nenos ucraínos

    O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade en funcións, Román Rodríguez, visitou esta mañá o colexio CEIP Paradai, en Lugo, onde están escolarizados tres dos máis de 500 nenos ucraínos desprazados a Galicia por mor da guerra, para compartir co equipo directivo e docente do centro a experiencia na atención a estes alumnos. Do total de 504 alumnos ucraínos escolarizados en 186 centros educativo galegos a día de hoxe, 204 están en colexios e institutos da provincia da Coruña, 46  na de Lugo, 83 na de Ourense e 171 na de Pontevedra.

    Acompañado polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, o titular de Educación aproveitou a visita para felicitar ao conxunto da comunidade educativa galega e, en especial, ao colexio Paradai, “polo exemplo de acollida e de integración” destes alumnos por parte dos seus compañeiros galegos, das familias e dos profesores. “Un proceso do cal, sen obviar as terribles circunstancias, cómpre destacar a parte positiva de solidariedade e de enriquecemento mutuo en todos os sentidos, e tamén a nivel educativo, do que debemos sentirnos orgullosos como cidadáns”, abondou.

    De feito, sinalou ao CEIP Paradai como “un referente en inclusión e atención á diversidade” do alumnado, xa que o 54% do total de 311 alumnos cos que conta o centro son de orixe estranxeira, con 21 nacionalidades distintas.

    O conselleiro lembrou que o Goberno da Xunta traballou desde o primeiro momento para artellar unha acollida ordenada aos desprazados, especialmente no ámbito escolar, onde se habilitou un procedemento extraordinario para a incorporación inmediata dos nenos ás aulas ao tempo que garantirlles os servizos gratuítos de transporte, comedor e material escolar necesario así como proporcionarlles ferramentas específicas para favorecer a comunicación co resto dos compañeiros e cos profesores.

    Paralelamente a Consellería puxo á disposición dos centros educativos un modelo de Guía de Plan de Acollida para facilitar unha adaptación o máis efectiva posible do alumnado desprazado. Isto completouse cun espazo web específico sobre Ucraína con recursos e materiais didácticos deseñados para favorecer este proceso de adaptación e integración nas aulas.

    Todos estes materiais foron elaborados coas achegas de orientadores así como dun grupo de traballo de profesionais do Comité Educativo e da Xunta Autonómica de Directores e de equipos directivos con experiencia previa en acollida de alumnado estranxeiro.

    No apartado de apoio tecnolóxico, no marco do programa Educa en Dixital, todo alumno ucraíno que o precise pode dispoñer dun ordenador con conexión á rede con equipos configurados para os idiomas galego, castelán e ucraíno, e os teclados identificados con pegatinas específicas para a escritura en ucraíno.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.