13.3 C
Pontevedra
Xoves, 18 de Abril de 2024
Máis
    HomeÉ NoticiaEsgotadas en dous días as prazas das rutas "Maceiras en flor"

    Esgotadas en dous días as prazas das rutas “Maceiras en flor”

    Os itinerarios celebraranse os días 14 e 15 de maio e incluirán a visita a unha plantación de Callobre e catas degustación en sidrerías de distintos puntos da Estrada

    Ao igual que acontecera nas súas pasadas edicións, as rutas ás “Maceiras en flor”, a iniciativa turística experiencial única e que converte a Pontevedra Provincia nun destino singular, veñen referendar a súa gran demanda cun espectacular éxito de participación. Deste xeito, en dous días esgotáronse xa as prazas dos catro roteiros previstos os días 14 e 15 de maio e hai tamén lista de agarda para o caso en que se produzan baixas.

    Serán, como apuntou hai uns días a presidenta Carmela Silva, visitas para desfrutar “e activar todos os sentidos”, nas que amais de contemplar o espectáculo de cor e olor das maceiras, as persoas visitantes poderán coñecer máis a fondo a transformación deste produto 100% ecolóxico en catro sidrerías locais, onde terá unha cata degustación.

    Así, cada unha das catro rutas previstas toma o nome das sidrerías existentes en distintos puntos da Ruta da Sidra da Estrada: O día 14 celebraranse as de Ribela (situada no lugar do mesmo nome) e Camino (en Moreira), a primeira pola mañá e a segunda pola tarde. E o día 15 será a quenda da Ruta Rabiosa (coa sidrería situada en Pardemarín) pola mañá e a A Peroja (na aldea de Agar) pola tarde. No caso da plantación, que se visitará de xeito previo, será a de Vilar, en Callobre, lugar onde tamén as persoas participantes poderán observar a espectacular sobreira de Valiñas, situada a escasos metros e que ronda os 300 anos de antigüidade.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.