Venres, 18 Xullo de 2025

É Noticia

Galicia necesita sangue dos grupos A Positivo, 0 Positivo e 0 Negativo

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), realiza un chamamento xeneralizado á participación da poboación galega na doazón de sangue e, de maneira especial, aos doantes A Positivo, 0 Positivo e 0 Negativo.

O certame Novos Valores do Museo aumenta en participación e recibe medio cento de solicitudes para tomar parte da edición de 2022

O certame de Artes Plásticas Novos Valores vén mellorar a participación na edición deste 2022: nos apenas cinco días hábiles para a presentación de solicitudes recibíronse 49 candidaturas.

A Deputación presenta este xoves unha banda deseñada para “descubrir e apaixonarse” coa biografía de Delgado Gurriarán

A Deputación de Pontevedra, a través dos departamentos de Lingua e Memoria Histórica, presentará este xoves unha banda deseñada (BD) que pretende que a mocidade e o público xeral “descubra e se apaixone” coa biografía de Florencio Delgado Gurriarán, o autor protagonista das Letras Galegas 2022.

Esta semana impartiranse cinco obradoiros a cargo de SmartPeme

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta próxima semana cinco novas accións formativas mixtas impartidas de xeito online e presencial, enmarcadas na súa carteira de obradoiros.

“Love Rías Baixas” namora na Feira Expovacaciones de Bilbao

“Un exitazo”. Así definiu a presidenta da Deputación, Carmela Silva, a presenza do destino Pontevedra Provincia na Feira Eexpovacaciones de Bilbao, certame co que a institucion provincial reiniciaba, tras Fitur, a promoción da campaña “Love Rías Baixas”.

A Xunta abre unha nova liña de axudas para o talento musical

A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a convocatoria e as bases dunha nova liña de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, dirixida ao talento musical galego, que suporá unha inxección económica directa de 1,2 millóns de euros para a promoción e difusión de proxectos artísticos profesionais, sen precedentes no sector.

Asinado o convenio para que o Museo poida unir baixo terra e rehabilitar os edificios centrais

O Museo de Pontevedra ten xa un paso máis dado cara a rehabilitación dos seus edificios centrais. A Deputación-da man da presidenta Carmela Silva e o vicepresidente César Mosquera- e Concello de Pontevedra -da man do alcalde Miguel Anxo Fernández Lores- asinaron o convenio de colaboración para a cesión de uso do subsolo público que permitirá unir os inmobles baixo terra de maneira accesible, consolidalos e restauralos.

A Deputación deseña o Plan de Enogastronomía

O goberno da Deputación de Pontevedra vén de deseñar o Plan Provincial de Desenvolvemento Turístico do Destino centrado na Enogastronomía que se presentará á convocatoria dos Fondos Next Generation.

O Museo enche de música as ruínas de San Domingos no concerto ‘Gromos’

O Museo de Pontevedra vai encher de música este venres o seu edificio máis antigo, as Ruínas de San Domingos, cun concerto titulado ‘Gromos’ a cargo dunha formación exclusiva liderada Ábe Rábade no piano e a composición, Davide Salvado na voz e percusión, Jimena Andión no cello e Pablo Martín Carnicero no contrabaixo.

A Deputación celebra a nominación da seria “Un asunto privado” no Festival de Montecarlo

A Deputación de Pontevedra vén de amosar a súa alegría e orgullo tras coñecer que “Un asunto privado”, de Bambú Producciones, competirá pola Ninfa de Ouro na categoría de ficción do Festival de Monte Carlo, o festival máis recoñecido de televisión en Europa, que se desenvolverá entre o 17 e o 21 de xuño.

A Deputación dá as grazas aos clubes de elite masculinos polo seu compromiso co deporte

Os clubs de elite masculinos da provincia estiveron onte na Deputación para recibir o recoñecemento público da presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e do deputado de Deportes, Gorka Gómez.

A Deputación dará a coñener o “compromiso e a loita” de Florencio Delgado Gurriarán

A Deputación de Pontevedra vén de pechar a súa programación das Letras Galegas 2022 para homenaxear a figura de Florencio Delgado Gurriarán con actividades destinadas a todos os públicos.