Venres, 19 Setembro de 2025

É Noticia

A Deputación celebra os sete anos de mandato para unha provincia “transformada en referente do Estado”

A explanada de Montero Ríos, en Pontevedra, foi hoxe o escenario do tradicional acto de dación de contas do goberno da Deputación, co que cada ano se presenta ante a sociedade da provincia para dar coñecemento do uso dos recursos públicos cos que se está a acadar, en palabras da presidenta Carmela Silva, “unha transformación intelixente da provincia que, honestamente, cremos que entre todos e todas estamos a conseguila”.

SmartPeme imparte esta semana dous obradoiros

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, propón dúas novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na súa carteira de obradoiros.

Nova sesión de ‘Noites de Música Antiga’ do Museo

As Ruínas de San Domingos acollerán este venres 15 unha nova sesión do ciclo ‘Noites de Música Antiga’ do Museo de Pontevedra a cargo da agrupación ‘Musicantes’, que actuará ás 21 horas con entrada libre ata completar cabida, e interpretará varias pezas medievais con orixe en diferentes países.

A Deputación volve a colaborar coa Asociación Alborada impulsando o programa “Verdear”

A Deputación de Pontevedra destina neste 2022 15.000 € para impulsar o programa de emprendemento educativo e social “Verdear” que a Asociación Cidadá de Loita contra a Droga Alborada desenvolve nas súas instalacións de Cabral en Vigo.

SmartPeme imparte tres novas accións formativas

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta próxima semana tres novas accións formativas mixtas impartidas de xeito online e presencial, enmarcadas nas súa carteira de obradoiros.

O AECT Rio Minho e as eurocidades poñen a circular a partilla de bicicletas ‘E-bike Rio Minho’

O AECT Rio Minho, en sociedade coas eurocidades Tui-Valença, Tomiño-Cerveira e Salvaterra-Monçao puxo hoxe en circulación o ‘E-bike Rio Minho’, un servizo de partilla de bicicletas eléctricas que nace como o primeiro servizo de xestión real verdadeiramente transfronteiriza de toda a Península Ibérica.

O AECT Rio Minho estrea o 6 de xullo o servizo de préstamo de bicis transfronteirizas nas eurocidades

O AECT Rio Minho vai estrear este mércores 6 de xullo ás 12 horas o servizo de préstamo de bicicletas eléctricas transfronteirizas ‘E-bike Rio Minho’ que funcionará nas eurocidades de Salvaterra-Monçao, Tomiño-Cerveira e Tui-Valença para fomentar a mobilidade suave e o turismo na ‘raia’.

Areeiro convértese en laboratorio oficial para detectar as pragas corentenais fitosanitarias en Portugal

O prestixio da Estación Fitopatolóxica Areeiro, referencia para a sanidade vexetal en Galicia, rachou fronteiras chegando ata Portugal. A partir de agora o centro científico dependente da Deputación de Pontevedra convértese en laboratorio oficial de detección de pragas corentenais, é dicir, reguladas pola Unión Europea, en todo o territorio luso. Así queda establecido no convenio que a entidade provincial vén de asinar coa Direcão Geral de Alimentação e Veterinária do Goberno de Portugal.

SmartPeme comeza o mes de xullo con catro novas accións formativas

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta semana catro novas formacións impartidas de xeito online, enmarcadas na súa carteira de obradoiros. Os talleres tratarán temas como o posicionamento en motores de procura con SEO e SEM, fabricación dixital con Onshape, deseño de imaxes para preimpresión e medios dixitais ou estratexias de email marketing con Benchmark Email.

ADOS convida á cidadanía galega a doar sangue nos meses de verán

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), realiza un chamamento xeneralizado á participación da poboación galega na doazón de sangue e, de maneira especial, aos doantes A Positivo, A negativo e 0 Positivo.

Negocios e hotalería obrigados por lei a separar os seus biorresiduos

Dende mañá 30 de xuño é obrigatorio por lei e sen excepcións que calquera tipo de negocio, especialmente hostalería e produtores singulares, separen os residuos orgánicos - restos de comida e vexetais- que producen como consecuencia da súa actividade.

“Tras as Ameas” e “Bailando a Terra” encherán de cultura os castelos

Os espazos patrimoniais dos castelos de Soutomaior e Sobroso e as marabillosas contornas naturais da provincia encheranse este verán de cultura coas novas actividades da Deputación dos programas “Tras as Ameas” e “Bailando a Terra”, enmarcados na programación “Con-Fiando Cultura”.