Venres, 19 Setembro de 2025

É Noticia

A Deputación aposta pola compra de talento innovador de cara á mellora da xestión pública

A Deputación de Pontevedra apura o proceso de Consulta Previa ao Mercado (CPM) para o programa Depoinnova, que se perfila como un macroconcurso de ideas e que agarda financiarse co PERTE de Dixitalización do ciclo da auga e un proceso de Compra Pública de Innovación do Ministerio de Ciencia e Investigación.

A vendima na finca do Castelo de Soutomaior desborda as previsións inciais de recollida de uva

A vendima na finca do Castelo de Soutomaior desbordou esta pasada fin de semana todas as previsións, coa recollida dun total de 18.651 quilos de uva, cifra que supera amplamente os 12.000 quilos estimados inicialmente e que supón a mellor colleita desde o ano 2015.

A «Escola de Letras» abre o luns as inscricións para o último obradoiro do ano impartido por Elvira Ribeiro

A terceira edición da Escola de Letras porá o broche de ouro aos seus talleres cun obradoiro de poesía a cargo da escritora de literatura adulta e infantil Elvira Ribeiro, que levará por título “Onde nace o poema”. O taller terá lugar os días 18 e 25 de outubro de xeito presencial no Edificio Administrativo da Deputación de 18.00 a 20.00 horas. As persoas que desexen formar parte del poderán realizar as súas inscricións a partir do vindeiro luns 12 de setembro, co envío dun correo electrónico a partir das 8.00 horas ao enderezo [email protected].

Formoso propón ante a patronal galega rebaixar á metade as peaxes das autoestradas autonómicas

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, propuxo a rebaixa do 50 % das peaxes das autoestradas de titularidade autonómica. Esta proposta dirixida ao goberno da Xunta é de carácter inmediato e forma parte dun plan urxente de medidas económicas e sociais para o ámbito galego dos socialistas que buscan facer fronte á dura perspectiva económica.

Arrancan dos novos cursos de español para persoas inmigrantes que pechan a sexta edición deste programa da Deputación

Onte luns arrancaron en Pontevedra e Vigo os dous cursos de español para persoas inmigrantes que pecharán a sexta edición deste programa que desenvolve a Deputación en colaboración coa Universidade de Vigo, e que ten como obxectivo esencial a preparación da proba DELE A2 de español, un requisito imprescindible para obter a nacionalidade española. A trintena de persoas que realizan a acción formativa recibiron o recoñecemento da presidenta provincial, Carmela Silva, que quixo subliñar “o enorme esforzo” do alumnado por participar nestes cursos e a súa implicación.

A Deputación abre a inscrición para «Depocrea», o programa de residencias artísticas deste outono

“Un proxecto que nos emociona, ao que lle temos un especial cariño e que levamos tempo traballando na súa creación”. Así definiu a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, á primeira edición de 'Depocrea', un programa de residencias artísticas vencelladas ao territorio que promoverá durante este outono proxectos específicos vinculados a Pontevedra provincia da man do Náutico de San Vicente.

A Consellería de Sanidade acolle unha formación para a prevención do suicidio

O salón de actos da Consellería de Sanidade acolleu onte a segunda sesión do módulo presencial do denominado adestramento de “Gatekeepers”, que se inclúe no programa Vi-Da (Vixiantes de Axuda), dentro do Plan de Prevención do Suicidio de Galicia.

O Museo de Pontevedra pulveriza os seus números cos visitantes en agosto

O Museo de Pontevedra está a pulverizar as súas cifras de visitantes e consolidándose como unha institución de referencia no país. A día de hoxe, todos os datos de visitas de 2022, tanto o acumulado anual, os datos de verán, do mes de agosto como sobre todo da semana de festas están a superar con grande marxe os números do ano pasado.

Areeiro informa de que a uva chega en bo estado á vendima

O centro do Areeiro da Deputación de Pontevedra vén de lanzar un novo aviso fitosanitario no que confirma o moi bo estado sanitario da uva debido, sobre todo, ao tempo seco e solleiro que se ven rexistrando este verán, que fixo que non se producisen danos na uva.

A Deputación lanza unha liña de axudas para a implantación da agrocompostaxe

A Deputación de Pontevedra, ao abeiro do Revitaliza, vén de abrir unha liña de axudas de 1,5 millóns de euros destinada a fomentar a agrocompostaxe en sinerxía cos biorresiduos municipais.

Esgotadas as prazas para os últimos “Bosques terapéuticos”

Novo cheo de solicitudes para as rutas de “Bosques Terapéuticos” que ofrece a Deputación de Pontevedra para o mes de setembro. As 200 prazas dispoñibles para os oito percorridos ofertados, quedaron esgotadas en cuestión de horas con centos de persoas na lista de agarda.

A Deputación culmina o seu modelo de transformación das estradas provinciais

A Deputación de Pontevedra dá un paso adiante na transformación da rede provincial de estradas coa presentación do Plan Estratéxico Vías Provinciais 2030, documento director no que asume o compromiso político e técnico de afondar no modelo provincial, que xa é unha referencia internacional, no marco da Axenda 2030 da ONU.